AD

Comarca

A Baña busca que a Festa da Filloa da Pedra sexa de Interese Turístico de Galicia

today7 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

O alcalde José Antonio Pereira Gil e a concelleira de Turismo Ana Pensado están a percorrer os establecementos comerciais da Baña para recoller apoios e sinaturas que avalen a candidatura da Festa da Filloa da Pedra como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Coa entrega das carpetas de recollida de sinaturas, o goberno local busca o respaldo da cidadanía e do sector para lograr este recoñecemento institucional, que destacaría a importancia cultural e turística dunha celebración que xa leva máis de 20 anos poñendo en valor a tradición, a gastronomía e a identidade do concello.

«Queremos que a nosa filloa sexa historia de Galicia», destacaron os representantes municipais, animando a veciñanza e visitantes a sumarse á iniciativa.

A Festa da Filloa é unha das citas máis emblemáticas da comarca, combinando artesanía, música, folclore e o sabor único da filloa tradicional.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *