AD

Actualidad

Barbanza Arousa fortalece o seu posicionamento turístico en FITUR

today29 enero, 2025

Fondo
share close
AD

A Mancomunidade Barbanza Arousa pechou a súa recente participación en FITUR cun balance moi positivo, fortalecendo contactos, impulsando a promoción turística e avanzando na comercialización do destino.

Durante o evento, representantes da Mancomunidade mantiveron reunións estratéxicas con operadores tecnolóxicos e axentes de comercialización turística. Ademais, presentaron a campaña «Siempre Querremos Volver» no stand de Turismo de Galicia, dentro da súa estratexia para fomentar a desestacionalización e fidelización dos visitantes, apostando polo turismo de calidade.

Outro dos fitos destacados foi a recollida do distintivo de Destino Turístico Intelixente outorgado por Segittur, sendo Barbanza Arousa a primeira entidade supramunicipal galega en recibir este recoñecemento. Ademais, participaron activamente na Mesa de Traballo de Turismo Circular promovida por Segittur, reafirmando o seu compromiso coa sostibilidade.

A estratexia turística de Barbanza Arousa, baseada na enogastronomía e no Camiño de Santiago como elementos clave de diferenciación e calidade, tivo unha ampla difusión en medios. No ámbito da promoción, o destino estivo presente no stand de Turismo de Galicia con folletos informativos e cun tótem promocional situado na entrada do Pabillón 9, estratexicamente localizado nos principais mercados emisores como Madrid, Galicia, Asturias e Cantabria.

Por último, a comercialización do destino foi reforzada mediante diversas reunións e acordos con touroperadores, consolidando así a súa posición como referente no turismo sostible e intelixente en Galicia.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *