AD

Comarca

Beatriz Martínez asumirá as áreas de Educación, Mocidade e Mobilidade en Ames tras a renuncia de Carmen Porto

today6 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • Carmen Porto Rey renuncia á súa acta como concelleira de goberno tras máis de dous anos ao fronte das áreas de Educación e Mocidade
  • Beatriz Martínez foi concelleira de goberno no mandato 2019–2023, xestionando as áreas de Mobilidade, Tráfico e Transporte

Ames, 6 de novembro de 2025.- O Concello de Ames informa de que Beatriz Martínez Domínguez asumirá as áreas de Educación, Mocidade e Mobilidade, tras a recente renuncia da concelleira Carmen Porto Rey, que deixa a súa acta por motivos persoais. A toma de posesión de Martínez está prevista para o vindeiro pleno ordinario, que se celebrará o xoves 27 de novembro.

Beatriz Martínez, con formación en Empresariais, xestionou durante sete anos un centro de estudos en Ourense. Ademais, foi presidenta da ANPA do IES do Milladoiro entre 2016 e 2019 e concelleira de goberno no mandato 2019–2023, xestionando as áreas de Mobilidade, Tráfico e Transporte. Actualmente desempeña tarefas administrativas no Gabinete de Alcaldía do Concello de Ames.

Con esta incorporación, Martínez asumirá as áreas de Educación, Mocidade e Mobilidade, esta última xa coñecida para ela pola súa experiencia no mandato anterior. Pola súa banda, o edil Víctor Manuel Fernández Prieto continuará á fronte das áreas de Urbanismo, Administración Xeral, Persoal e Seguridade.

A nova concelleira conta cunha ampla experiencia na administración local, desenvolvendo toda a súa carreira profesional no Concello de Ames, o que garante continuidade e solvencia na xestión municipal.

A xa ex-concelleira, Carmen Porto Rey, despedirase no vindeiro pleno e explicou que deixa o cargo por “motivos estritamente persoais que me impiden seguir desenvolvendo a miña labor coa dedicación que este posto require”.

Desde o Goberno municipal queren poñer en valor o traballo realizado por Carmen Porto e desexarlle o mellor nesta nova etapa. O alcalde, Blas García, agradeceu “a dedicación e perseveranza demostrada á fronte das áreas que xestionou, sacando adiante reformas de gran calado”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *