Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “un dos obxectivos deste mandato era que a mesma persoa xestionase as áreas de promoción da saúde e deporte porque non se pode ter unha vida saudable sen facer deporte. Este obxectivo está cumprido porque o Concello de Ames é un referente na promoción da saúde, porque neste eido estase facendo un traballo moi importante. Ademais, no noso Concello a técnica de promoción da saúde tamén se encarga de que os usuarios/as dos comedores escolares teñan unha alimentación saudable”
A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, explicou que “esta cuarta edición da Feira da Saúde e Benestar está centrada nos hábitos saudables, enlazando esta temática coa alimentación, o deporte e o benestar emocional. Isto é algo que dende o Concello impulsamos diariamente a través das Escolas deportivas municipais, coa rede de comedores escolares e co plan municipal de benestar emocional e saúde mental posto en marcha en 2024”
A técnica de Promoción da Saúde, Rosana Martínez, sinalou que “como nas edicións anteriores van participar diversas asociacións, moitas delas participan dende a primeira edición desta feira. Como novidade este ano imos a instalar un stand do Concello de Ames no que se vai a difundir e darlle visibilidade a todas as actividades que organizamos no departamento de Promoción da Saúde. O que buscamos nesta edición é unir estes tres eixos; como son a alimentación, o deporte e mailo benestar emocional”
Ames, 23 de abril de 2025.- Este sábado, 26 de abril, a praza da Maía de Bertamiráns acollerá a cuarta edición da Feira de Saúde e Benestar, organizada polo Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción da Saúde, e que se centra nos hábitos saudables. A partir das 11:00 horas e ata as 20:00 horas, un total de 12 asociacións participarán neste evento cos seus stands para proporcionar información sobre a súa labor a todas aquelas persoas que se acheguen ata a feira. Ademais, impartiranse dous faladoiros na Casa dos Maiores sobre as etiquetas alimentarias a cargo da dietista, nutricionista e xerontóloga, Áurea Casáis Martínez; e sobre a alimentación e o deporte como canalizadores das emocións a cargo da psicóloga, Belén Montesa. Por último, haberá actividades deportivas como unha sesión de ioga, outra de taichi, e unha andaina polo Rego dos Pasos.
Esta mañá o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, a técnica municipal de Promoción da Saúde, Rosana Martínez; e técnico municipal de Deportes, Alberto Viaño, presentaron no salón de plenos da Casa do Concello a cuarta edición da Feira da Saúde e Benestar, que se desenvolverá en Ames durante toda a xornada do sábado, 26 de abril, en horario de 11:00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20:00 horas.
O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “un dos obxectivos deste mandato era que a mesma persoa xestionase as áreas de promoción da saúde e deporte porque non se pode se pode ter unha vida saudable sen facer deporte. Este obxectivo está cumprido porque o Concello de Ames é un referente na promoción da saúde, porque neste eido estase facendo un traballo moi importante. Ademais, no noso Concello a técnica de promoción da saúde tamén se encarga de que os usuarios/as dos comedores escolares teñan unha alimentación saudable. No apartado da saúde mental tamén somos pioneiros co plan posto en marcha o ano pasado e somos referentes para moitos concellos neste tema. Ames aposta pola saúde e vese reflectido na organización desta feira que se mantén no tempo”.
A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, explicou que “esta cuarta edición da Feira da Saúde e Benestar está centrada nos hábitos saudables, enlazando esta temática coa alimentación, o deporte e o benestar emocional. Isto é algo que dende o Concello impulsamos diariamente a través das Escolas deportivas municipais e con eventos e probas deportivas co obxectivo de fomentar a práctica deportiva e a vida saudable. No tocante á alimentación xestionamos unha rede de comedores escolares na que se serven todos os días menús saudables a uns 1.500 rapaces e rapazas. Sobre a saúde mental somos pioneiros co plan municipal de benestar emocional e saúde mental posto en marcha en 2024”.
A técnica de Promoción da Saúde, Rosana Martínez, sinalou que “como nas edicións anteriores van participar diversas asociacións, moitas delas participan dende a primeira edición desta feira. Como novidade este ano imos a instalar un stand do Concello de Ames no que se vai a difundir e darlle visibilidade a todas as actividades que organizamos no departamento de Promoción sa Saúde. O que buscamos nesta edición é unir estes tres eixos como son a alimentación, o deporte e mailo benestar emocional. É fundamental prestar un servizo á veciñanza que xunte estes tres eixos e non traballalos de forma individual”.
Programación da VI Feira da Saúde e Benestar
Durante a xornada do sábado, 26 de abril, desenvolverase na praza da Maía de Bertamiráns a cuarta edición da Feira da Saúde e Benestar, de 11:00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20:00 horas. Haberá 12 stands no que estarán presentes 12 asociacións: ALCER, ANEDIA, ACEM, AECC, Alcohólicos Anónimos, ASANOG, AEPPNA, AGADEA, Dano cerebral, Fonte da Virxe, QuerENDO e Andade. Estas asociacións disporán dun posto para proporcionar información sobre a súa labor a todas aquelas persoas que se acheguen ata a praza. Ademais, o Concello de Ames tamén disporá dun stand para proporcionar información sobre as actividades que realiza dentro do departamento de Promoción da Saúde.
A inauguración da Feira farase as 11.00 horas na carpa instalada na praza da Maía. De seguido, ás 11:15 horas, comezarán as actividades cunha sesión de ioga impartido por India&Tai na praza da Maía. Ás 12.15 hora haberá diversas presentacións das entidades participantes; e ás 12.45 horas na Casa dos Maiores que está situada na propia praza da Maía, impartirase unha charla sobre as etiquetas alimentarias a cargo da dietista, nutricionista e xerontóloga, Áurea Casáis Martínez.
A programación da tarde comezará ás 17.00 horas cunha nova sesión de presentacións a cargo das entidades participantes. De seguido, ás 17.30 horas farase unha andaina polo Regos dos Pasos, da que se encargará a técnica municipal da Aula da Natureza, Patricia Reboreda. O punto de saída e chegada da andaina estará instalado na carpa da praza da Maía.
Ás 18.00 horas comezara un novo faladoiro na Casa dos Maiores, neste caso sobre a alimentación e o deporte como canalizadores das emocións a cargo da psicóloga, Belén Montesa. Ás 19.00 horas impartirase outra actividade deportiva na praza da Maía, neste caso unha sesión de taichi, da que volverá a encargarse India&Tai. O peche da feira está previsto para as 20.00 horas.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)