AD

Comarca

Bertamiráns acollerá o I Festival Emerxente para dar a coñecer novos talentos musicais

today22 julio, 2025

Fondo
share close
AD

Os departamentos de Cultura e Mocidade do Concello de Ames, organizan a primeira edición do Festival Emerxente, unha iniciativa que pretende ser un espazo onde os mozos e mozas de Ames e da súa contorna que están a comezar no mundo da música, poidan ter unha plataforma onde presentar os seus traballos e darse a coñecer

Esta nova cita musical, enmarcada dentro do programa de Ames en Festas 2025, terá lugar o vindeiro sábado 7 de agosto, a partir das 20.00 horas, no parque do Ameneiral en Bertamiráns

O concelleiro de Cultura e alcalde de Ames, Blas García, explicou que “estamos moi orgullosos da posta en marcha do Festival Emerxente, xa que serve para darlle un espazo e apoio aos artistas novos do noso concello e da contorna para que poidan presentar todo o traballo que realizan. Ademais, é unha oportunidade para que poidan darse a coñecer como artistas. Esperamos que haxa moita participación por parte da veciñanza e, sobre todo, que eles poidan aproveitar a oportunidade e pasalo ben”

Ames, 22 de xullo de 2025.- O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá o vindeiro sábado, 7 de agosto, a partir das 20.00 horas, o I Festival Emerxente, unha iniciativa que nace co obxectivo de ofrecer aos artistas novos unha plataforma onde poder darse a coñecer e presentar os seus traballos. A cita, organizada polos departamentos de Cultura e Mocidade do Concello de Ames, forma parte do programa de Ames en Festas e contará coas actuacións de Helena Pazos, MR. T, Lepayitss e Komojo.

Os departamentos de Cultura e Mocidade do Concello de Ames, organizan a primeira edición do Festival Emerxente, unha iniciativa que pretende ser un espazo onde os mozos e mozas de Ames e da súa contorna que están a comezar no mundo da música, poidan ter unha plataforma onde presentar os seus traballos e darse a coñecer.

A presentación desta nova cita musical tivo lugar na tarde de onte, luns 21 de xullo, no parque do Ameneiral. Á presentación asistiron o concelleiro de Cultura e alcalde de Ames, Blas García; a técnica do departamento de Mocidade, Pili Villaverde; e dous dos artistas que actuarán nesta cita musical, MR. T, e Pelayo González, cantante de Lepayitss, que estivo acompañado do seu produtor, coñecido artisticamente como PRTO, Daniel Nieto.

Pola súa parte, o concelleiro de Cultura e alcalde de Ames, Blas García, explicou que “estamos moi orgullosos da posta en marcha do Festival Emerxente, xa que serve para darlle un espazo e apoio aos artistas novos do noso concello e da contorna para que poidan presentar todo o traballo que realizan. Ademais, é unha oportunidade para que poidan darse a coñecer como artistas. Esperamos que haxa moita participación por parte da veciñanza e, sobre todo, que eles poidan aproveitar a oportunidade e pasalo ben”.

A técnica de Mocidade, Pili Villaverde, subliñou que “esperemos que en vindeiras edicións se se animen moitos máis grupos a participar e, sobre todo, lembrarlles aos mozos e mozas que aquí teñen oco todo tipo de propostas para dar visibilidade á súa creatividade e música”.

Pola súa banda, MR. T destacou que “é unha cita que, ademais, sendo gratuíta é unha boa oportunidade para poder incentivar e animar á xente a asistir”. Na mesma liña, Lepayitss subliñou que “imos aproveitar esta oportunidade que nos ofrece o concello ao máximo para presentar o noso traballo e darnos a coñecer entre a veciñanza e novos públicos”.

I Festival Emerxente

A primeira edición do Festival Emerxente terá lugar no parque do Ameneiral o vindeiro sábado, 7 de agosto, a partir das 20.00 horas, como parte da programación do Ames en Festas. En total, actuarán 4 novos artistas nados en Ames ou na súa contorna: Helena Pazos, MR. T, Lepayitss e Komojo. Cada actuación terá unha duración aproximada de media hora.

Pola súa banda, Helena Pazos é unha moza que comezou a súa carreira musical no 2023 coa publicación do seu primeiro traballo “De lo íntimo”, un álbum composto por 8 temas nos que reflexiona sobre temas vitais e persoais.

En canto a MR.T, nado no Milladoiro e ex-alumno da EMMA é un artista que, a pesar de comezar a publicar temas hai un ano, neste tempo xa colaborou e gravou 14 temas con recoñecidos produtores de Barcelona, cos que está a preparar próximos proxectos. En 2024 publicou “Solitario”, un proxecto composto por 8 temas nos que explora diferentes sons urbanos.

Detrás do nome artístico de Lepayitss atópase Pelayo Gómez, que comezou a publicar as súas primeiras cancións en 2023. Dende este ano, traballa da man do seu produtor de confianza Daniel Nieto, coñecido artisticamente PRTO, co que vén de estrear este pasado venres o disco “Summer Compact Disc”.

Por último, o Festival Emerxente contará con Komojo, un artista compostelán que publicou o seu último álbum, “Love memories” o pasado 12 de xullo. Dentro deste cartel, é o máis experimentado, pois sacou á luz os seus primeiros traballos no 2022 e, dende entón, colaborou con varios artistas locais e conta con máis de 1.000 oíntes musicais en Spotify.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *