Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Este sábado, 14 de marzo, ás 11.00 horas, realizarase o acto de inauguración desta nova área de autocaravanas. Nesta acto participarán o alcalde e concelleiro de Turismo, Blas García; o vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; e a presidenta da Asociación Galega de Autocaravanas, María del Mar García
O alcalde e concelleiro de Turismo, Blas García, explica que “a creación desta nova zona de autocaravanas permítenos trasladar a que temos agora na rúa das Pesqueiras, que ten dificultades de acceso e un espazo moi limitado”. Tamén asegurou que, grazas á axuda da Deputación “dispoñemos de dúas áreas, xunto coa do Milladoiro, e podemos dar servizo ás persoas amantes de utilizar estes vehículos para viaxar e que pasan polo noso concello”
Ames, 10 de marzo de 2026.- A Asociación Galega de Autocaravanas, en colaboración co Concello de Ames, organiza para os días 13, 14 e 15 de marzo unha concentración de caravanas coincidindo co acto de inauguración da nova área de Bertamiráns. Debido a isto a avenida Jose Luis Azcárraga será de sentido único (dirección Covas-Bertamiráns), dende as 15.00 horas do venres 13 ata as 20.00 horas do domingo 15 de marzo, xa que as caravanas estacionarán en batería ao longo de dita rúa. A nova área está situada no lugar das Pateiras e dispón de espazo para 15 aparcamentos de autocaravanas, unha delas está adaptada para persoas con mobilidade reducida.
O Concello de Ames, a través do departamento de Turismo, considera importante apostar polo turismo de autocaravana, unha modalidade de turismo emerxente e comprometido co medio ambiente. Este tipo de turismo aporta un gran valor para os municipios polos beneficios económicos que achega, incidindo de xeito positivo nas estadías no municipio e na repercusión na hostalaría e no comercio local. Debido a iso, o Concello decidiu crear unha nova área de autocaravanas no lugar das Pateiras, en Bertamiráns.
Dita área dispón de 15 prazas de estacionamento cunhas dimensións de 7,5 por 3,5 metros para autocaravanas e cos correspondentes servizos de recollida de augas fecais e servizo de auga potable. Unha das prazas ten a consideración de adaptada ao ter unhas dimensións maiores de 7,5 por 4 metros e dispor dun espazo lateral adicional de 1,5 por 7,5 metros para as persoa con mobilidade reducida. Ademais, dotouse a dito espazo de alumeado público. En dita área disponse de toma de auga para encher o depósito de augas limpas e dunha reixa para baleirar as augas grises e negras dos vehículos.
Para executar este proxecto, no que se investiron 68.437 euros, asinouse un convenio coa Deputación da Coruña, a través do cal a entidade provincial sufragou o 80% das obras, mentres que o Concello de Ames achegou o 20% restante.
O alcalde e concelleiro de Turismo, Blas García, explica que “a creación desta nova zona de autocaravanas permítenos trasladar a que temos agora na rúa das Pesqueiras, que ten dificultades de acceso e un espazo moi limitado”. Tamén asegurou que, grazas á axuda da Deputación “dispoñemos de dúas áreas, xunto coa do Milladoiro, e podemos dar servizo ás persoas amantes de utilizar estes vehículos para viaxar e que pasan polo noso concello, nunha aposta clara pola promoción do turismo, e sobre todo do turismo de interior e comprometido co medio ambiente”.
Este sábado, 14 de marzo, ás 11.00 horas, realizarase o acto de inauguración desta nova área de autocaravanas. Nesta acto participarán o alcalde e concelleiro de Turismo, Blas García; o vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; e a presidenta da Asociación Galega de Autocaravanas, María del Mar García.
Concentración de arredor de 150 caravanas
Aproveitando o acto de inauguración da nova área de autocaravanas de Bertamiráns, a Asociación Galega de Autocaravanas, en colaboración co Concello de Ames, organiza unha concentración na que participarán arredor de 150 caravanas. Dita concentración realizarase na avenida Jose Luis Azcárraga os días 13, 14 e 15 de marzo. Durante estes tres días a avenida de Jose Luis Azcárraga será de sentido único (dirección Covas-Bertamiráns), dende as 15.00 horas do venres 13 ata as 20.00 horas do domingo 15 de marzo, xa que as caravanas estacionarán en batería ao longo de dita rúa.
O venres 13 de marzo, a partir das 17.00 horas, farase a recepción dos/as autocaravanistas. O sábado 14, ás 11.00 horas, farase a inauguración da nova área de autocaravanas de Bertamiráns, e para ás 17.00 horas na área de autocaravanas, farase entrega da roupa encargada polos socios/as, e poñerase ao disposición de quen o precise o mostrario de produtos a través da tenda da asociación. O domingo, 15 de marzo, ás 10.00 horas, a asociación celebrará a súa asemblea xeral ordinaria, e ás 13.00 horas darase por finalizada a concentración.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)