Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 mayo, 2024
A Consellería de Sanidade confirmou este sábado pasado que o gromo de gastroenterite que afectou a máis dun cento de persoas no concello de Ames debeuse a contaxios de norovirus, descartando así a posibilidade de contaminación alimentaria nos comedores escolares. Os resultados das análises das mostras de alimentos e a inspección do comedor do CEIP de Ventín non atoparon ningunha deficiencia nin presenza de contaminación microbiolóxica.
O alcalde de Ames, Blas García, participou este luns nunha entrevista en Radio Líder Santiago para aclarar a situación e poñer fin ás distintas «especulacións» que xurdiron arredor deste gromo. García destacou que as probas son «concluíntes» polo que «non hai moito máis que engadir nin explicar ao respecto» ao tempo que califica como «alivio» que a súa orixe non fora provocada nos comedores escolares. Con todo, aproveitou para criticar aquelas opinións sen fundamento que circularon nas redes sociais e outros foros. O alcalde ironiza asegurando que «todos somos expertos tanto en fútbol como en saúde pública, e o norovirus non se contaxia polo aire senón polo contacto», un tema, o da saúde, que considera moi serio e que ten que ser tratado con rigor e seriedade. Ademáis lembra que nos días onde se contabilizaron os primeiros casos no CEIP Ventín, noutros colexios do municipio e de fora del, tamén houbo distintos casos de vótimos.
O primeiro edil saiu en defensa da concelleira de Educación do municipio, a cal está no punto de mira do «revolver político da oposición». A García parécelle «bastante grave e triste» que intenten cuestionar o traballo dunha persona nova na política e xa «a queiran reprobar antes incluso de cumplir o primeiro ano do seu mandato».
O alcalde tamén instou a distintos organismos e agrupacións do ámbito educativo do municipio a «deixar que sexan as forzas políticas as que fagan política», facendo un chamamento á responsabilidade e á prudencia nas comunicacións públicas.
Con esta aclaración, o Concello de Ames que, segundo o mandatario, «estivo cuestionado dende o principio», espera poñer fin ás especulacións e tranquilizar á comunidade sobre a orixe e a xestión deste gromo de gastroenterite no municipio.
A entrevista completa no seguinte enlace.
Escrito por Líder Redacción
alcalde de ames ames blas garcia comarca Entrevista gastroenterite gromo radio lider santiago saude
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)