AD

Comarca

Blas García e Pedro Blanco acordan crear unha comisión para supervisar as obras no Milladoiro

today20 enero, 2025

Fondo
share close
AD
  • O alcalde, Blas García, e o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, reúnense co Delegado do Goberno, Pedro Blanco, para tratar asuntos de especial interese para Ames

Ames, 20 de xaneiro de 2025.- O alcalde, Blas García, vén de reunirse co Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, para analizar os proxectos, inversións e servizos que o Goberno de España mantén no municipio. A esta xuntanza celebrada esta mesma mañá na Delegación do Goberno en A Coruña, asistiu tamén o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández.

Delegación e Concello de Ames acordaron crear unha comisión de seguimento e supervisión da obra de humanización do Milladoiro para así incrementar o ritmo de execución da mesma. Lémbrase á cidadanía que, para calquera consulta relacionada coas obras, ten á súa disposición a oficina de obra situada na rúa das Palmeiras, número 83, parcela A1 – parque empresarial Novo Milladoiro – Ames (A Coruña), entre as 9:00 e as 13:00 horas, e entre as 15:00 e as 19:00 horas de luns a venres. O teléfono de contacto é 881 817 218. Así mesmo, dispoñen do correo electrónico milladoiro@eptisa.com, no que poderán realizar reclamacións, incidencias ou suxestións asociadas coas obras de humanización da travesía do Milladoiro.

Por outra banda dende o Concello pediuse a mediación da Delegación do Goberno para a cesión do antigo tramo ferroviario Fraiz – A Moniña, solicitado a Adif en numerosas ocasións dende o Concello de Ames. Esta antiga reclamación responde á vontade do Goberno local de crear unha senda para uso e desfrute da veciñanza e garantir o correcto mantemento desta vía.

Por último, dende a administración local solicitouse explorar a posibilidade de aumentar a frecuencia de asistencia do destacamento da Policía Nacional, que realiza a renovación do Documento Nacional de Identidade, solicitando que se amplíe a oferta de trámites e que acudan tamén ao núcleo do Milladoiro.

O alcalde destacou a boa predisposición da Delegación do Goberno para solucionar os problemas e facilitar a vida da veciñanza de Ames e cualificou como vital a colaboración e a coordinación entre administracións para beneficio da poboación.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *