AD

Comarca

BNG Ordes denuncia que o goberno municipal «triplica as facturas irregulares» en tan só dous anos

today3 agosto, 2025

Fondo
share close
AD

 

Durante o debate da conta xeral referente ao ano 2024, o portavoz do grupo municipal do BNG de Ordes, Pablo Vidal, criticou a existencia de “ata 8 contratos por prestación de servizos vencidos”, situación que ao seu parecer resulta “irregular e non conforme co establecido na lei de contratos do sector público”.

O voceiro nacionalista sinala que “este feito, obrigou ao interventor do concello a formular reparos no pagamento de ata 219 facturas no ano 2024, que representan un importe total de 1.583.025,31 €, o que supón triplicar a situación do ano 2022, onde recibiran reparos por parte da intervención municipal 80 facturas, cun valor conxunto de 464.113,42 €”.

Deste xeito, o BNG votou en contra na conta xeral do ano 2024, por derivar “dun modelo de xestión propio do PP de Ordes, que cada ano vira a ser mais irregular”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *