AD

Comarca

BNG reclama ao Goberno transferir un tramo ferroviario en desuso ao Concello de Ames

today27 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

De Fraiz até A Moniña: o tramo ferroviario abandonado no termo municipal de Ames que o BNG defende recuperar e pór en valor como senda verde peonil

Néstor Rego reclama ao Ministerio de Transportes traspasar a titularidade do tramo e desenvolver actuacións necesarias para acondicionar este espazo

Escarlata Pampín urxe o goberno local a cumprir o acordado entre BNG e PSOE para a aprobación dos orzamentos municipais e conseguir o traspaso

Madrid, 27 de outubro de 2025. O Bloque Nacionalista Galego demanda ao Goberno do Estado total disposición para proceder ao traspaso ao Concello de Ames da titularidade do tramo ferroviario abandonado entre Fraiz e A Moniña para recuperar o espazo e transformalo nunha senda verde peonil.

Durante a visita do deputado do BNG no Congreso en Ames, Néstor Rego estivo acompañado pola voceira municipal da organización nacionalista, Escarlata Pampín, e o resto de concelleiros do BNG na corporación.

O que no seu momento foi unha infraestrutura de transporte estratéxica, converteuse nun antigo camiño de ferro en progresivo deterioro que está completamente abandonado” sinala o deputado do BNG, Néstor Rego.

Ante esta situación e co obxectivo de recuperar e pór en valor o tramo ferroviario entre Fraiz e A Moniña, o BNG rexistra iniciativas para demandar a total disposición por parte do Goberno do Estado e proceder a traspasar ao Concello de Ames a súa titularidade e transformalo nunha senda verde. Pasar do abandono e o deterioro, explica o deputado do BNG no Congreso, a conservalo, polo en valor e transformalo nun recurso útil e beneficioso para a veciñanza.

A recuperación deste tramo ferroviario como senda verde axudaría a impulsar un modelo de desenvolvemento máis respectuoso co medio, en coherencia coas políticas da Axenda 2030 que apostan pola mobilidade sustentábel, ademais de promover a rehabilitación do patrimonio en desuso” defende Rego.

A creación de itinerarios para o tránsito peonil, subliña o deputado nacionalista, contribúe á mellora da calidade de vida, á promoción de hábitos saudábeis e á posta en marcha de alternativas de mobilidade non contaminantes. Neste sentido, o BNG entende que tanto o Ministerio de Transportes como o Concello de Ames deben comprometerse con este proxecto e iniciar as solicitudes pertinentes reclamando o traspaso.

Cumprir o acordado: o BNG de Ames e os Orzamentos municipais

Pola súa parte, a voceira municipal do BNG no Concello de Ames, Escarlata Pampín, lembra que esta actuación foi unha iniciativa da organización nacionalista que formaba parte do acordo entre a organización nacionalista e o grupo de goberno de Ames -o PSOE- para a aprobación definitiva dos Orzamentos municipais.

Conseguir o traspaso figuraba no acordo político entre o BNG e o PSOE para que, coa nosa abstención, os orzamentos saísen adiante. A día de hoxe, nada se sabe sobre as xestións que o goberno municipal realizou sobre o tema” denuncia Pampín.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *