AD

Actualidad

Boimorto celebra a décima edición da feira agrícola Magreco

today23 marzo, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

  • A alcaldesa, María Jesús Novo resalta que a feira multisectorial “é un escaparate para o municipio e un referente en toda a comarca”
  • Inaugurado o primeiro ‘Paso de vaca’ para visibilizar a importancia do gando vacún na economía do rural
  • Agricultores da contorna participaron nas charlas sobre pragas emerxentes e horta ecolóxica
  • Africor e Acruga poñen mañá a venda máis dunha ducia exemplares na poxa de xovencas, que estará presidida polo conselleiro de Medio Rural

Boimorto. 23-3-2024. “Magreco é un escaparate importante para Boimorto e un referente en toda a comarca no que damos a coñecer o potencial agrogandeiro da zona”, asegurou esta mañá a alcaldesa María Jesús Novo, na inauguración da décima edición da feira multisectorial. Ata Boimorto achegáronse hoxe centos de persoas para coñecer as últimas novidades en maquinaria e para ver algúns exemplares de gando cos que mellorar as súas explotacións. Mañá celébrase o prato forte, a poxa de xovencas, na que Africor e Acruga amosarán máis dunha ducia exemplares de raza selecta.

A maquinaria agrícola, forestal e de xardín que amosan os máis de cincuenta expositores é un dos principais atractivos de Magreco. Durante todo o día foron moitas as persoas que estiveron preguntando polas características destas máquinas. Pero Magreco é algo máis. Nesta décima edición tamén conta con produtos de alimentación e artesanía, gando de razas autóctonas, exhibición e zona de xogos para a cativada.

Tras a apertura oficial de Magreco, María Jesús Novo inaugurou o primeiro paso de vaca de Boimorto. Unha iniciativa que o Concello desenvolve conxuntamente coa Casa Grande de Xanceda para “visibilizar a importancia do gando vacún, sobre todo o produtor de leite, na economía do noso municipio, da comarc e do rural galego”, asegurou a alcaldesa, que estivo acompañada polo xerente da Casa Grande de Xanceda.

Nos actos oficiais estiveron presentes tamén os alcaldes de Arzúa, Jesús Carril; Oroso, Alex Doval, e Vilasantar, Fernando Pérez; así como concelleiros de Boimorto e das outras tres corporacións.

Este sábado, celebráronse as charlas sobre Pragas emerxentes que afectan ás explotacións ganderias, impartida polo subdirector xeral de Explotaciósn Agrarias, Nicasio Mejuto; e sobre Horta ecolóxica, na que falou Rosendo Luis Estévez Prada.

 

Un dos atractivos desta décima edición de Magreco foi ver hoxe ao artista Yosi realizar varias esculturas de madeira utilizando só unha motoserra. Unha destas figuras sortearase mañá entre os asistentes a poxa de xovencas, ademais de 200 euros doados por Aira e un lote de produtos da feira. A poxa comezará ás 12.00 horas e estará presidida polo conselleiro de Medio Rural en funcións, José González.

A Casa Grande de Xanceda tamén colabora este ano en Magreco aportando o circuíto de tractores a pedais cos que gozou a cativada. Mañá domingo, sortearase tres entre os nenos e nenas que completaran correctamente o circuíto de xincana un mínimo de cinco veces. Os inchables, os obradoiros de olería fixeron gozar tamén aos menores que hoxe se achegaron ata Magreco.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%