AD

Comarca

Boqueixón acolle un punto informativo sobre conduta suicida e recursos de axuda

today6 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD

Boqueixón, 6 de novembro de 2024.- O Concello de Boqueixón, en colaboración con Andaina Pro Saúde Mental, vén de poñer en marcha unha campaña informativa de prevención do suicidio. Esta campaña inclúe a posta a disposición da veciñanza dun punto informativo sobre a conduta suicida na entrada da casa consistorial e dun punto de lectura na biblioteca municipal durante este mes de novembro.

O punto informativo está dotado de material informativo, dípticos sobre o Programa Falamos (programa integral no ámbito rural para a mellora na detección e intervención en risco de suicidio) e folletos informativos sobre recursos de axuda e recomendacións para a abordaxe da conduta suicida. O punto informativo estará aberto na casa do concello no Forte ata finais de novembro, momento no que será trasladado ao centro de saúde do Forte, onde permanecerá durante o mes de decembro.

Paralelamente, a biblioteca municipal de Boqueixón contará durante o mes de novembro cun punto de lectura, no que pon a disposición dos veciños e veciñas unha serie de publicacións sobre conduta suicida e benestar emocional.

Esta iniciativa é posible grazas á colaboración entre o Concello de Boqueixón e a asociación Andaina Pro Saúde Mental, no marco do programa Falamos. Esta iniciativa, ademais das liñas de formación a profesionais e intervención con persoas e grupos vulnerables, conta cunha vertente sensibilizadora dirixida fundamentalmente a persoas pertencentes a grupos vulnerables para a conduta suicida coa finalidade de contribuír á redución do tabú arredor do suicidio, dar visibilidade á problemática, ofrecer ferramentas básicas para a detección, facilitar a comunicación das persoas e familias que se poidan ver afectadas e ofrecer información de interese sobre recursos e servizos existentes en caso de risco.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%