Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 mayo, 2024
Os alcaldes do Concello de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e do Concello de Vedra, Carlos Martínez, presentaron este martes o programa «Correntes do Ulla», que ofrecerá un amplo abano de actividades de ocio e tempo libre en contacto coa natureza. O programa desenvolverase dende finais de xuño ata comezos de agosto.
O acto de presentación, realizado no Couto de Ximonde en Vedra, contou coa participación do concelleiro de Turismo de Boqueixón, José Luis Mareque, o axente medioambiental, Manuel Rego, e Ramiro Fernández, representante do grupo de sendeirismo de Vedra.
As actividades propostas para esta edición inclúen o descenso do Ulla, unha escola de pesca, un campo de voluntariado, un roteiro de Pescadores, un paseo en bici polo Val do Ulla e unha ruta desde o Couto de Ximonde ata Pontevea.
As inscricións para participar nestas actividades abriranse a partir do 5 de xuño e poderán realizarse a través das páxinas webs municipais dos concellos de Boqueixón e Vedra.
Esta iniciativa pretende fomentar o contacto coa natureza e ofrecer unha alternativa de ocio activo e educativo para todos os públicos, destacando a colaboración entre ambos concellos para dinamizar a contorna do río Ulla.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)