AD

Comarca

Boqueixón licita por máis de 140.000 € a mellora da eficiencia enerxética da escola infantil de Sergude

today16 abril, 2025

Fondo
share close
AD

Mellorarase o illamento da cuberta da fachada, cambiaranse as fiestras e instalarase un novo sistema de calefacción e alumeado intelixente do interior

Boqueixón, 11 de abril de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de licitar as obras de mellora da eficiencia enerxética da escola infantil de Sergude por un importe de 140.205 euros. Unha tripla actuación que inclúe obras de mellora da envolvente térmica do edificio, a instalación de sistemas de iluminación eficiente no seu interior e mellora dos sistemas de calefacción.

O alcalde, Ovidio Rodeiro, explica que “deste xeito damos cumprimento ao compromiso adquirido hai uns meses coas familias que teñen ás súas crianzas na escola infantil de Sergude para mellorar as condicións deste inmoble”. Así, para mellorar a envolvente térmica da escola procederase ao illamento exterior da fachada mediante SATE de 89 milímetros de espesor e ao illamento da cuberta e do baixo cuberta, mediante paneis de fibrocemento sen amianto e a través dun falso teito illado, respectivamente. Ademais, procederase a substituír as fiestras actuais por outras de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre.

En canto á iluminación interior, substituiranse as luminarias existentes por outras novas tipo LED máis eficientes. Ademais, instalarase un sistema de control e regulación do alumeado. Finalmente, cambiaranse os actuais radiadores eléctricos móbiles por un sistema de calefacción mediante bomba de calor, máis eficiente e ecolóxica.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *