AD

Comarca

Brión celebra este domingo a sexta edición da Feira Labrega

today18 septiembre, 2024

Background
share close
AD

Este domingo 22 de setembro, de 11:00 a 20:00 horas, terá lugar a sexta edición da Feira Labrega, inicialmente prevista no Adro da Igrexa dos Ánxeles pero que podería trasladarse ao centro comercial Montebalado en vista das malas previsións meteorolóxicas. Neste sentido, mañá xoves tomarase unha decisión definitiva en función da evolución das previsións, que a día de hoxe dan un 75% posibilidades de chuvia.

O que si está definido xa é a programación do evento, que abrirá as súas portas cunha exposición de apeiros agrícolas e de horta, dunha colección de bonsais de José Freire e dos traballos realizados polo Grupo de Acción Patrimonial de Brión. A maiores, haberá máis de vinte postos de venda e exposición de produtos da hora e froitas de tempada, conservas, queixos, repostería artesanal e alimentos caseiros, así como produtos de artesanía.

Paralelamente ás exposicións celebranse xogos tradicionais para a rapazada (a rá, a tartaruga, o trompo…) e varias degustacións. Así, durante toda a xornada haberá un posto de elaboración e venda de filloas á pedra. Ás 12:00 horas terá lugar un showcooking a cargo de José Manuel Mallón con degustación de petiscos da IXP Tenreira Galega e produtos das hortas locais da asociación Daquidarredor. E ás 18:00 horas, segundo showcooking da man de Manu Rey con degustación de petiscos das hortas locais. Ambas as dúas degustacións contan coa colaboración do GDR Terras de Compostela.

A Feira Labrega complementarase coa actuación do grupo de baile tradicional das escolas municipais de Brión (13:00 horas) e o espectáculo “Supercoroza. Na eira e na lareira” (17:00 horas).

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%