Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 septiembre, 2024
26 de setembro de 2024.- Todo listo en Brión para celebrar mañá xoves o Día de Santa Minia e coa esperanza de que se cumpran as previsións meteorolóxicas, que apuntan a que non choverá durante o día grande das festas brionesas e que esa mellora climatolóxica acompañará durante a fin de semana. O alcalde, Pablo Lago, amosa a súa satisfacción “pola gran programación deseñada polo equipo de Goberno, o Departamento de Cultura e os traballadores municipais para que poidamos todos desfrutar dunhas magníficas festas de Santa Minia”.
Mañá venres a avenida de Santa Minia e a contorna da carballeira estará ateigada con máis de 150 postos de venda de rosquillas, roupa, produtos de segunda man, embutidos, larpeiradas, licores, filloas, ferramentas, artesanía, velas, imaxes relixiosas, xeados… A música matutina correrá a cargo do grupo de gaitas Airiños do Petouto e da charanga Os Jalácticos, que darán paso a unha sesión vermú protagonizada pola cantante local Ruth Cundíns.
No que atinxe aos oficios relixiosos, as visitas ao santuario comezarán ás 9:00 horas, agardándose a maior afluencia coincidindo coa misa solemne, que terá lugar ás 13:00 horas na casa reitoral. Un ano máis, e por razóns de seguridade, as misas e o depósito de candeas terán lugar na casa reitoral e non na capela, que seguirá abrindo as súas portas para que os devotos poidan cumprir coa tradición de visitar e bicar o sepulcro da Santa Minia. Os demais oficios terán lugar tanto en horario de mañá (9:00, 10:00, 11:00 e 12:00 horas) como de tarde (17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas).
Recepción de autoridades
Ás 13:00 horas, o alcalde Pablo Lago presidirá a recepción de autoridades na carballeira de Santa Minia. Entre as confirmadas a día de hoxe figuran:
A comitiva oficial dará un paseo polas contorna da carballeira de Santa Minia, que continúa pechada ao público salvo a pequena zona que está sendo obxecto do proceso de repoboación que está a levar a cabo o Concello de Brión. Tras asistir ao inicio da sesión vermú con Ruth Cundín, celebrarán un xantar nunha das polbeiras da festa.
Para a tarde, actuacións da charanga Os Celtas de Negreira e das Escolas de Baile e Música Tradicional de Brión, que darán paso a unha verbena coas orquestras Marbella e Origen.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)