AD

Sucesos

Buscan a un mozo no río Miño tras envorcar o kaiak no que viaxaban dous compañeiros

today31 marzo, 2026

Fondo
share close
AD

Viaxaban dous mozos, un deles puido chegar a terra e pedir auxilio para o compañeiro que non se puido manter a flote.

Pasados dez minutos das catro e media desta tarde deste luns, un particular contactaba co 112 Galicia para indicar que un rapaz lle comunicara que  tivera un accidente cun kaiak, no cal  viaxaba co seu primo e que o perdera de vista logo de envorcar, preto do encoro dos Peares, en A Carballeira, A Cova, no concello lucense de Carballedo.

Con estes datos, desde o 112 Galicia activouse decontado un operativo no que ademais de ser informados o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia -061 participan os axentes da Garda Civil, os Bombeiros de Chantada, o GES de Ribadavia cunha embarcación e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Para de Sil. Do mesmo xeito puxéronse os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Monforte e de Ourense e dos efectivos das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil do Saviñao e de Monforte de Lemos, que tamén se dirixen ao punto cunha embarcación. Ademais, súmase á procura un dron e cámara térmica dos Bombeiros de Ourense.

Segundo a información recibida pola Garda Civil, os mozos saíron co kaiac do embarcadoiro de Peares, subiron ao río e cando volvían tiveron o accidente.

Os Bombeiros de Chantada, alí no punto,  comunican as dificultades que presenta o terreo, que  é impracticable dende terra, a orografía é moi pendente e arriscada, polo que, só ven viable o uso de medios acuáticos e aéreos para a busca e rescate.

ACTUALIZACIÓN:

Un helicóptero da Garda Civil, que tamén se sumou á procura do mozo, localizou o kaiak no mesmo lugar onde se iniciou á busca.

O persoal do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) tamén foi informado polo 112 Galicia, por se fose precisa a súa intervención para atender aos familiares do desaparecido, así como, o persoal da empresa subministradora da electricidade.

Arestora, os medios acuáticos continúan na procura do mozo.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *