AD

Actualidad

Calvo de la Uz lamenta que Santiago denegue a ampliación da liña 6 ata a rotonda do Gadis de Cacheiras

today7 junio, 2024

Background
share close
AD
  • A alcaldesa de Teo solicitara en agosto de 2023 a dita ampliación para mellorar a conectividade por bus para 9.000 veciños da contorna dos Tilos e Cacheiras, dous núcleos importantes de poboación do municipio teense
  • Con esta mellora pretendíase tamén aliviar o tráfico rodado e minimizar o impacto ambiental

Teo (A Coruña), 7 de xuño de 2024.- A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, acaba de recibir a negativa por parte do Concello de Santiago de Compostela de ampliar a liña 6 de autobús urbano, que actualmente chega ata o núcleo teense dos Tilos, ata a rotonda do Gadis de Cacheiras.

Neste senso, cómpre lembrar que a dita ampliación foi unha das primeiras peticións realizadas por Lucía Calvo de la Uz nada máis ser nomeada alcaldesa de Teo, unha demanda realizada no mes de agosto de 2023 que pretendía conectar coa capital galega a preto de 9.000 persoas que viven nas parroquias dos Tilos e na de Cacheiras, e que se desprazan principalmente por motivos laborais ou de formación académica.

Foto da pasada reunión mantida en agosto 2023

Esta proposta pretendía, tal e como manifestara daquela a rexedora teense, conectar o máximo de usuarios posible e aliviar así o tráfico rodado cara a Santiago, o que tamén supoñía vantaxes de respecto co medio. Unha mellora substancial para a veciñanza de ambos concellos, práctica e sustentable.

Neste senso, a alcaldesa de Teo non entende a razón desta negativa, xa que por tempos non pode ser -tal e como reiteraron desde a capital galega-, xa que o propio Concello de Santiago anunciou unha liña que une tres concellos -Santiago, Ames e Oroso- cunha frecuencia de 30 minutos. Tampouco se debe a un problema orzamentario, posto que a ampliación desde Os Tilos ata o Gadis de Cacheiras correría a cargo das arcas públicas de Teo. “Non ten razón de ser negarse a ampliar esa liña, xa que pesan máis os beneficios para ambos municipios e para a xente que vive e traballa neles”, manifestou Calvo de la Uz.

Con todo, a rexedora teense anunciou que se vai implementar unha liña piloto dun bus lanzadeira conectando os núcleos da Ramallosa, Cacheiras e Montouto co bus urbano que pasa polos Tilos, sendo o seu transbordo gratuíto para os usuarios.

Imaxe: X

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%