AD

Arte y Cultura

720 Resultados / Página 76 de 80

Fondo
AD

Arte y Cultura

Padrón acende as luces do Nadal o venres 1 de decembro

A instalación, que comezou xa no mes de outubro, converterá á vila padronesa no destino perfecto para gozar en familia e cos amigos A programación ata o 5 de xaneiro inclúe obradoiros, espectáculos, concertos, a visita de Papa Noel e a tradicional cabalgata de Reis O obxectivo é promover o sentido de comunidade, estimular a economía local e atraer visitantes Padrón. 29-11-2023.- O Concello de Padrón dará a benvida oficial ao Nadal este venres, 1 de decembro, co acendido das […]

today29 noviembre, 2023 2

Arte y Cultura

Son Xove e Son Vermú: a música será protagonista do Nadal na praza Roxa

28/11/2023.- Dinamizar o comercio, ofrecer alternativas de ocio á veciñanza, e poñer en valor o talento da mocidade de Compostela. Son os obxectivos das actividades de Nadal organizadas desde a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. A concelleira, María Rozas, explicou que "o Ensanche estará todo o mes de decembro cheo de actividades novidosas, pensadas para todos os públicos, e centralizadas na Praza Roxa, que será un dos puntos neurálxicos das festas". A tenenta de alcaldesa […]

today28 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Vinte cantantes de sete países participarán no VI Concurso de Canto Compostela Lírica

28/11/2023.- Solistas procedentes de España, Chile, China, Letonia, México, Italia e Polonia aspiran a facerse co primeiro premio, dotado con 4000 euros, cunha actuación remunerada coa Real Filharmonía, un recital remunerado no marco do Festival Les Musicales du Luberon e un rol na temporada da Ópera de Oviedo. O Auditorio de Galicia acollerá a semifinal o venres ás 17.00 horas e dela sairán os oito finalistas que actuarán na final do sábado a partir das 20.30 horas. Ambas as dúas […]

today28 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Ames Radio comeza a emitir os quince programas do seu espazo de Radio Cidadá

A radio municipal de Ames, Ames Radio, comezou a emitir a mediados de novembro os programas enmarcados no proxecto Radio Cidadá, unha iniciativa que busca convidar á veciñanza a crear os seus propios espazos radiofónicos Este ano hai quince programas, que formarán parte da grella de Ames Radio ata mediados do próximo mes de xuño. Dez deles xa foron emitidos en edicións pasadas, pero cinco son de nova incorporación. Nos diversos espazos abórdanse temas como a música, economía, historia ou […]

today28 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Antón Reixa presenta esta tarde en Compostela o seu novo libro ‘2ª man’

O poeta, músico e artista Antón Reixa vén de publicar 2ª man, un libro que recolle a súa experiencia de exploración polas fronteiras entre a poesía e a performance. O autor estará este martes 28 de novembro, ás 19 horas, na libraría Cronopios de Compostela, onde conversará con Henrique Monteagudo sobre esta obra editada por Chan da Pólvora. 2ª man é un libro que nace da observación atenta da realidade urbana e mediática que nos rodea. Reixa combina a súa […]

today28 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Santiago dá a benvida ao Nadal este venres cun amplo programa de actividades

27/11/2023-. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, avanzaron esta mañá o programa das Festas de Nadal que este ano se presenta baixo a marca "Compostela, a estrela do Nadal", inspirada na simbólica estrela de oito puntas de Santiago. Este novo programa aglutina un amplo abano de actividades para todo os públicos e de diferentes barrios e parroquias baixo unha mesma marca co fin de converter estas festas "nas terceiras de entidade da […]

today27 noviembre, 2023

Arte y Cultura

O Nadal en Teo contará con actividades culturais e unha cabalgata inclusiva

O acendido de luces será este sábado 2 de decembro ás 19,30 horas na praza da Estivada da Ribeira, amenizado cun chocolate con churros de balde para todos os asistentes O auditorio municipal acollerá diversas obras de teatro ao longo do mes, incluído o encontro de corais de Teo A última semana do mes celebraranse as actividades adiadas do San Martiño: “A eira do paporrubio” e a “Gladiators Kids” Por primeira vez, farase unha recepción silenciosa dos Reis Magos no […]

today27 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Cineuropa presenta o palmarés da súa 37ª edición

O filme ‘Enigma de lume’ (Riddle of fire), de Weston Razooli, faise co premio do Xurado Oficial á mellor película e Phạm Thiên Ân é distinguido como mellor director por ‘Inside the Yellow Cocoon Shell’ (Bên trong vỏ kén vàng) Xurado Novo concedeu a ‘O mal non existe’ (Aku wa sonzai shinai) de Ryusuke Hamaguchi o premio á mellor película e outorgou a Justine Triet o galardón á mellor dirección por ‘Anatomía dunha caída’ (Anatomie d’une chute) Santiago de Compostela, […]

today27 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Centos de veciños de Brión desfrutan do tradicional magosto

25 de novembro de 2023.- O Concello de Brión celebrou na tarde/noite de onte venres o seu tradicional magosto e chocolatada, que comezou ás sete da tarde e se extendeu ata ben entrada a noite. Durante ese tempo, centos de veciños e veciñas foron pasando pola carpa instalada na praza das polbeiras, xusto a carón da carballeira de Santa Minia. O tempo acompañou e durante a festa se degustaron algo máis de dosucentos quilos de castañas asadas, así como máis […]

today25 noviembre, 2023

AD