AD

Arte y Cultura

720 Resultados / Página 78 de 80

Fondo
AD

Arte y Cultura

Tres curtas francesas e unha rusa gañan no VI festival Cinema Miúdo

Preto dun millar de persoas acudiron ás Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns esta fin de semana para desfrutar da selección de curtametraxes internacionais de Cinema Miúdo As curtas francesas Entre dúas irmás, O Ganso e Boom e a rusa Falando de paxaros recibiron os premios do xurado e do público nunha gala presentada polo pallaso moañés Rogelio O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, expresou durante a gala de clausura que “Cinema Miúdo é froito do traballo […]

today20 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Manuel López Rodríguez gaña o XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

O xurado destacou da obra gañadora, “As palabras do sur”, “a consistencia e complexidade do proxecto que respecta a cada poema en particular” Dodro, 18 de novembro do 2023.- O xurado do XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo concello de Dodro, decretou como gañador ao poeta Manuel López Rodríguez coa obra “Palabras do sur”. O xurado elixiu o traballo de Manuel López Rodríguez entre os corenta poemarios presentados ao concurso. O xuíces destacaron “Palabras do sur” pola […]

today18 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Lousame conmemorará o 25N coa ópera electrónica ‘Papagena’

A actuación terá lugar o sábado 25 de novembro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Lousame. A entrada é gratuíta e está dispoñible a través de bandoticket 17 de novembro de 2023.- O Concello de Lousame conmemorará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa posta en escena de “Papagena”, unha ópera electrónica en galego con perspectiva de xénero protagonizada pola soprano noiesa Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianes. Unha actuación totalmente gratuíta e cuxas entradas […]

today17 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Núria Figueras e Anna Font recollen o Premio Compostela para Álbums ilustrados pola súa obra ‘A visita’

16/11/2023.- As autoras catalás Núria Figueras e Anna Font recibiron hoxe, nun acto celebrado no Pazo de Raxoi, o "Premio internacional Compostela para álbums ilustrados 2023", convocado polo Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandraka dotado con 9.000 euros de retribución así como coa publicación da obra en galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués. "A visita" foi seleccionado polo xurado por por tratarse dun "álbum ilustrado perfectamente construído que nos achega a un concepto tan abstracto como é o […]

today16 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Regresan os Premios Xosé Mosquera polo 90 aniversario da radio en Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación da sexta edición deste certame destinado a promover as linguas galega e portuguesa entre a mocidade As solicitudes de participación deberán formalizarse antes do 21 de decembro e os traballos, orixinais e inéditos, poderán enviarse ata o 1 de maio de 2024 A celebración complétase cunha exposición itinerante sobre a figura de Xosé Mosquera e a impartición de obradoiros de podcast nos centros de ensino Santiago de Compostela, 14 de novembro […]

today16 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Arzúa lanza o programa ‘Galeguízate!’ en defensa da nosa lingua

O vindeiro venres, 17 de novembro, no IES de Arzúa dirixido ao alumnado de 2º de Bacharelato terá lugar a primeira actividade: a presentación do libro colectivo “A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050” Arzúa, 15 de novembro de 2023.- A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Arzúa vén de lanzar o programa “Galeguízate”, un ciclo de actividades que, tal e como expresou a concelleira Lucía López Sobrado “buscan promover o prestixio da lingua galega, rachar cos prexuízos […]

today15 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Academia Xacobea “non admite dúbida o respaldo histórico do Camiño a Santiago da Ría de Muros Noia”

A presidenta da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia convidou á Academia Xacobea “a formar parte do noso comité de expertos para entre todos conseguir a oficialización por parte da Xunta” 14 de novembro de 2023.- “Non admite dúbida o respaldo histórico do Camiño a Santiago da Ría de Muros Noia”. Así de contundente se manifestou esta mañá o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, durante o seu encontro cos alcaldes e alcaldesas da Asociación de […]

today15 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Luis Zahera e Costa-Gavras non poderán asistir á 37ª edición de Cineuropa

Unha indisposición do intérprete compostelán imposibilita a súa viaxe a Santiago, polo que a entrega do premio Cineuropa se apraza á 38ª edición do festival. Carmen Claudín, colaboradora próxima e amiga de Jorge Semprún, presidirá a mesa redonda en homenaxe ao centenario do nacemento do escritor e guionista. A entrega do Premio Cineuropa ao actor Luis Zahera terá lugar na 38ª edición de Cineuropa. Unha indisposición do intérprete imposibilita a súa presenza en Compostela nas datas previstas, polo que o […]

today14 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Rois convoca o concurso de tarxetas de Nadal para elixir a súa felicitación institucional

Pode participar o alumnado de infantil e primaria escolarizado no Concello O prazo de presentación dos traballos remata o xoves 30 de novembro 14-11-2023. O Concello de Rois convoca, como xa vén sendo habitual por estas datas, un concurso de tarxetas de Nadal para os escolares do municipio. Nel poderá participar o alumnado de educación infantil e primaria dos centros educativos roisenses e o traballo gañador será reproducido para enviarlle a toda a veciñanza como felicitación institucional. O prazo límite […]

today14 noviembre, 2023

AD