AD

Comarca

2370 Resultados / Página 124 de 264

Fondo
AD

Comarca

Chegan as Feiras do Abril a Val do Dubra onde artesanía e gastronomía van da man

A programación desta nova edición esténdese do 5 ao 7 de abril con variedade de actividades para todos os públicos O Concello de Val do Dubra acollerá os días 5, 6 e 7 de abril as tradicionais Feiras do Abril, unha cita imprescindible no calendario local que mestura cultura, tradición e ocio para todos os públicos. O evento desenvolverase no aparcadoiro de San Lourenzo de Bembibre e contará cunha completa programación que inclúe mercado de artesanía, exhibicións de gando, degustacións […]

today25 marzo, 2025

Arte y Cultura

Guadi Galego presenta este venres na Estrada o seu espectáculo “Síntese horizonte”

A autora de “Matriarcas” ou “Chea de vida” amosará na Estrada un programa musical concibido expresamente para o directo. Estará acompañada dunha portentosa banda e cunha produción que destaca pola súa coidada iluminación e posta en escena. A Estrada, 24 de marzo de 2025.- Guadi Galego, unha das voces femininas máis destacadas e con maior proxección na escena galega, chega este venres ao Teatro Principal da Estrada para ofrecer o espectáculo “Síntese Horizonte”, una aposta da propia intérprete pola evolución […]

today24 marzo, 2025

Comarca

Campamentos de verán en Ames con 440 prazas dispoñibles

O concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo, destacou que “grazas a este programa de campamentos todos os anos moitos rapaces e rapazas poden acudir a distintos campamentos da xeografía galega. O obxectivo é achegar á rapazada á natureza e fomentar a convivencia e cooperación entre eles” A concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade, Carmen Porto, explicou que “todos os anos tratamos de seguir mantendo, e mellorar, se é posible, a calidade deste programa municipal. Estes campamentos […]

today24 marzo, 2025

Comarca

As bibliotecas de Ames reciben a primavera con novas sesións de contacontos para as crianzas

As bibliotecas municipais continúan a ofrecer diferentes propostas relacionadas coa literatura nestes meses de primavera, destacando as vindeiras sesións de contacontos previstas para os meses de abril e maio Este mércores, día 26, terá lugar a presentación da programación das bibliotecas durante o mes de abril, chamado o mes do libro Ames, 24 de marzo de 2025.- As bibliotecas municipais continúan neste inicio de primavera con diferentes actividades para a rapazada de Ames, na que se inclúen varias propostas de […]

today24 marzo, 2025

Comarca

Así será a nova Praza de Abastos de Padrón, un referente gastronómico e turístico

O proxecto contempla unha nova oficina de turismo con espazo polivalente para peregrinos, showcooking e exposicións, ademais de melloras estruturais na praza O Concello traballa para conseguir financiamento e levar a cabo a renovación integral deste espazo clave para a economía local O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, amosou o seu interese e valorou positivamente a iniciativa Padrón. 24-3-2025.- O Concello de Padrón continúa avanzando no seu proxecto de rehabilitación da Praza de Abastos, unha actuación estratéxica que […]

today24 marzo, 2025

Comarca

Dodro aproba en pleno o inicio da licitación do Servizo de Axuda no Fogar

A licitación aprobouse só cos votos a favor do PSdeG-PSOE, e o BNG. Unidade Veciñal de Dodro e Xente de Dodro votaron en contra desta licitación. A abstención do PP, posibilita a súa aprobación. Dodro, 23 de marzo do 2025 – O Salón de Plenos de Dodro acolleu o pleno ordinario de marzo no que, entre outros temas, conseguiuse aprobar o proceso de licitación do Servizo de Axuda no Fogar, SAF, por un importe anual de mais de 660.000 €. […]

today24 marzo, 2025

Comarca

A Estrada alcanza os 20.103 habitantes segundo o INE mentres que o padrón sinala 20.222

Existe unha discrepancia de 119 habitantes entre a cifra do padrón municipal e a comunicada polo INE, unha “diferenza habitual” ante a que a administración estradense está en proceso de alegación. O dato que baralla o Concello é de 20.222 veciños, polo que a diferenza será agora analizada en profundidade para confrontar rigorosamente os datos antes do peche definitivo do censo oficial. Os cambios de domicilio continúan sendo a principal razón tanto para as altas como para as baixas, sendo […]

today21 marzo, 2025

Actualidad

O Concello de Teo asumirá o pago de máis de 100.000€ pola «deixadez» do anterior goberno

A reclamación foi interposta pola empresa Aquafit Gestion SL, quen xestiona as piscinas municipais teenses, ao negarse o anterior equipo de goberno a actualizar as tarifas a aboar polos usuarios das instalacións A entidade actora presentou en maio de 2019 e en decembro de 2021 ante o Concello de Teo sendos escritos polo que solicitaban a revisión das tarifas O actual goberno municipal deberá enfrontarse ao pago da dunha cantidade superior aos 100.000 euros ao perder o recurso contencioso administrativo […]

today21 marzo, 2025

Comarca

Muros mantén o apoio ás Carrilanas malia as diferenzas coa Asociación

O Concello de Muros manifestou a súa vontade de manter o apoio ás Carrilanas de Esteiro e asinar un novo convenio de colaboración para a edición de 2025, malia as diferenzas xurdidas coa Asociación organizadora do evento. O pasado 24 de febreiro, a Asociación de Carrilanas de Esteiro remitiu ao Concello un escrito no que solicitaba numerosa documentación e información, outorgando un prazo improrrogable de 10 días para a súa resposta. Segundo indica o goberno local, parte da información requirida […]

today21 marzo, 2025

AD