AD

Comarca

2484 Resultados / Página 159 de 276

Fondo
AD

Comarca

VIDEO | Ames alcanza un récord histórico en investimentos: 7,6M€ en 2024

O alcalde de Ames, Blas García, e mailos concelleiros e concelleiras que forman o Goberno municipal, compareceron esta mañá en rolda de prensa para facer unha valoración sobre a xestión realizada en 2024 e marcar os obxectivos de cara a 2025. Segundo o executivo amesán o 2024 foi o ano de asentamento das bases da acción de goberno para o mandato 2023-2027. Para o 2025 márcanse como obxectivos a sinatura dun convenio co IGVS para a creación de nova vivenda […]

today15 enero, 2025

Comarca

Fin de semana cultural en Vedra: estas son as propostas

  Esta fin de semana, o municipio coruñés de Vedra reúne dous importantes acontecementos culturais. A tarde do sábado 18 de xaneiro, de 18 a 20 horas, o Centro Sociocultural do concello acollerá a presentación do libro “El mensaje de un duende para la humanidad” que será arroupado polas exposicións de bisutería slacosti de Silvia Molinari e de fotografía “O segredo da fraga. Ollando as grandezas miúdas que nos aporta adentrarnos na maxia da Terra Nai” de Fernando Pintos Recarey. […]

today15 enero, 2025

Comarca

Brión destinará o POS+ a gasto corrente e mellorará a estrada Coruxido-Sabaxáns co Plan Complementario

O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a forma máis áxil de facelas. Porque para aprobalas na Deputación eternizámonos” O Pleno municipal do Concello de Brión aprobou este martes en sesión plenaria extraordinaria a proposta da Alcaldía do Plan Único de Concellos “POS+ 2025”, que destinará integramente os 686.181,76 euros a financiamento de gastos correntes do exercicio 2025. Así mesmo, acordou destinar os 265.838,85 […]

today15 enero, 2025

Comarca

Ames concede axudas para a adquisición de material escolar e para as ANPAS

A Xunta de Goberno Local aprobou nas últimas semanas a concesión de axudas por valor de 19.999,85 euros, para as actividades organizadas polas ANPAs dos centros educativos municipais durante o exercicio 2024, e maila concesión de 940,35 euros, para a adquisición de libros de texto e material escolar destinado ao alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, correspondente ao curso 2023/2024 A concelleira de Planificación e Xestión Educativa, Carmen Porto, agradece “o traballo e dedicación do persoal das ANPAs. Estamos […]

today15 enero, 2025

Comarca

Rianxo duplica o investimento en Becas para chegar a máis familias do municipio

  Na convocatoria correspondente ao curso 2024/2025 o Concello de Rianxo concedeu axudas para a adquisición de material escolar e dispositivos electrónicos por un importe total de 10.507€, unha cifra 4.000€ superior á da convocatoria anterior e máis do dobre do investimento efectuado no curso 2022/2023. O aumento do investimento nas becas municipais para a adquisición de material escolar e dispositivos electrónicos tradúcese na capacidade de chegar cada ano a máis familias. Así as cousas, na convocatoria correspondente ao curso […]

today15 enero, 2025

Actualidad

Ames avanza no desenvolvemento do polígono empresarial de Bertamiráns

O alcalde, Blas García, e o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, veñen de reunirse coa directora xeral de Industria, Margarita Ardao, para establecer a folla de ruta do proceso Ames, 14 de xaneiro de 2025.- O Concello de Ames vén de manter unha reunión en San Caetano coa Dirección Xeral de Industria con motivo de establecer a folla de ruta a seguir para o desenvolvemento do polígono empresarial de Bertamiráns. Nesta xuntanza o Concello comprometeuse a iniciar os trámites para […]

today14 enero, 2025

Actualidad

Os alcaldes nacionalistas de Arzúa, Santiso e Melide rexeitan o proxecto de ALTRI

Os tres rexedores reiteran a súa firme oposición a este proxecto, que comprometería o futuro dos seus concellos cun proxecto industrial que cualificaron de “depredador e insustentable”. Solicitan unha reunión de urxencia ao Presidente da Xunta de Galiza, facéndose eco do “clamor social” contra Altri Arzúa, 14 de xaneiro de 2025.- Os alcaldes dos concellos de Arzúa, Santiso e Melide, Xoán Xesús Carril (BNG), Manolo Adán (BNG) e Xosé Manuel Pérez (Adiante Melide), respectivamente, asinaron hoxe unha carta conxunta dirixida […]

today14 enero, 2025

Actualidad

Aberto o prazo de inscrición para a Padrón 10K con prezos reducidos ata o 31 de xaneiro

  Poderase formalizar a participación ata as 23:59 horas do mércores do mércores 12 de febreiro Haberá percorridos homologados de 5K e 10K para todas as idades e niveis, incluíndo a participación gratuíta para escolares A carreira, que terá lugar o 15 de febreiro, inclúe premios en metálico, agasallos e recoñecementos especiais Padrón. 14-1-2025.- Hoxe martes 14 de xaneiro comeza o prazo de inscrición para a XXII edición da Padrón 10K que se celebrará o sábado 15 de febreiro. A […]

today14 enero, 2025

Actualidad

Atopan sen vida ao mozo desaparecido en Silleda no río Deza

  O corpo sen vida do mozo desaparecido en Silleda desde o pasado domingo foi localizado no río Deza, na zona de Ponte Taboada. A aparición produciuse tras un amplo operativo de busca coordinado pola Guardia Civil, que contou coa colaboración de diversas entidades. No dispositivo participaron o Grupo Especial de Localización e Rescate (ONG IAE), o GES de Lalín, Protección Civil de Vila de Cruces, a Unidade Operativa de Drons da Axega, así como persoal de Adif. Ademais, os […]

today14 enero, 2025 2

AD