AD

Comarca

2368 Resultados / Página 215 de 264

Fondo
AD

Actualidad

Teo coordina coa Policía Local e a Garda Civíl do Milladoiro as medidas para reforzar a seguridade

O Concello coordina coa Policía Local e a Garda Civíl do Milladoiro as medidas a levar a cabo no municipio para reforzar a vixilancia e a seguridade, co fin de asegurar unha convivencia pacífica en todos e cada un dos barrios do concello. Así, a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, mantivo unha reunión no Consistorio con membros de ambos efectivos policiais.  Tras os roubos rexistrados nos últimos meses en Teo, a alcaldesa solicitou unha maior presenza destes efectivos para […]

today4 junio, 2024

Actualidad

Vila de Cruces promociona o seu galo de Curral na Semana Verde de Silleda

O alcalde e o resto da corporación municipal percorreron a feira e promoveron o municipio no seu propio stand Vila de Cruces, 3 de xuño de 2024 (Vía Láctea Comunicación).- O Concello de Vila de Cruces tivo unha gran presenza na Feira Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebrou en Silleda do xoves 30 de maio ao domingo 2 de xuño. O Concello tivo un stand promocional polo que pasaron centos de visitantes vendo as propostas turísticas e gastronómicas […]

today3 junio, 2024

Actualidad

Campaña de recollida de excrementos en Ames con sancións de entre 500 e 10.000 euros

“NON é culpable” é o motivo escollido pola Concellaría de Xestión do Medio Rural amesá para unha nova campaña de sensibilización, que chega ante as numerosas queixas recibidas sobre as molestias causadas polos excrementos de cans. O abandono de excrementos na rúa e nas zonas verdes supón un risco para a saúde pública, provoca contaminación visual, olfactiva e acuática, e dificulta as tarefas de limpeza municipais. A campaña difundirase por redes sociais, colocaranse carteis en zonas de lecer e parques, […]

today3 junio, 2024

Actualidad

VIDEO | Unhas 5.000 persoas participan na tradicional Romaría do PP en O Pino

“Non pode haber escusas, nin pereza, nin conformismo. Temos que demostrar o mesmo esforzo, as mesmas ganas e o mesmo impulso de sempre”, insiste o presidente Asegura que a presenza de Ursula Von der Leyen demostra non só que “Galicia se ten cada vez máis en conta” e que o partido “está máis forte que nunca”, senón tamén que “a nosa terra é o final de todos os camiños” 1 de xuño de 2024. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, […]

today1 junio, 2024

Actualidad

A Semana Branca trae descontos, vales agasallo e sorteos ao comercio de Arzúa

Arzúa, 30 de maio de 2024.-A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa organiza a campaña de dinamización comercial SEMANA BRANCA DO COMERCIO que terá lugar do 3 ao 9 de xuño nas tendas asociadas participantes do Centro Comercial Aberto de Arzúa no seu horario habitual. Estas xornadas comerciais extraordinarias teñen por obxectivo estimular as vendas da colección do verán e fidelizar aos clientes, así como atraer ao CCA a novos consumidores. Durante a campaña, os comercios participantes ofrecerán diversas […]

today31 mayo, 2024

Actualidad

O divulgador e activista da lingua, Carlos Vieito, novo concelleiro do BNG en Ames

O Grupo Municipal do BNG queda composto por Natividade González, Escarlata Pampín, Alexandre Espinosa, Rosalía Seijas e Carlos Vieito. Unha formación cohesionada e preparada para ser a alternativa de goberno que Ames necesita. “Únome ás miñas compañeiras e compañeiros do BNG para abordar as problemáticas do noso concello e darlles solución. Aportar o noso traballo e dedicación e poñelos ó servizo das veciñas e veciños para facer de Ames, un concello mellor” sinalou Carlos Vieito. Carlos García Vieito vén de […]

today31 mayo, 2024

Actualidad

Padrón organiza un amplo e diverso programa de actividades para celebrar o Día do Orgullo

Ao longo do mes de xuño celebraranse un obradoiro, un videofórum, actividades infantís, un concerto e unha exposición A campaña ‘Padrón con orgullo’ chegará de novo aos locais de hostalería e comercios para visibilizar e apoiar a diversidade Padrón.30-05-2024.- Baixo o lema Padrón con orgullo, o Concello de Padrón preparou unha completa programación con motivo do Día do Orgullo LGTBIQ+, que se celebra cada 28 de xuño. Este conxunto de actividades, deseñado para celebrar e promover a diversidade e a […]

today30 mayo, 2024

Actualidad

Brión aproba uns Orzamentos de 7,7 millóns de euros

Son os primeiros orzamentos na historia do Concello de Brión que se abriron ao debate con todas as forzas políticas e no que se tiveron en conta algunhas das peticións dos grupos da oposición O Pleno solicítalle á Deputación da Coruña unha subvención nominativa de 350.000 euros para o acondicionamento e remodelación do campo de fútbol José Pumar de Bastavales 29 de maio de 2024. O Pleno Municipal de Brión aprobou esta mañá os Orzamentos Municipais para 2024, que se […]

today29 mayo, 2024

Actualidad

Teo solicita a declaración da Feira do San Martiño como Festa de Interese Turístico de Galicia

Esta proposta da Alcaldía será analizada hoxe no Pleno do mes de maio co fin de iniciar os trámites necesarios ante a Axencia Turismo de Galicia Con esta declaración preténdese incrementar e mellorar a calidade da oferta cultural, lúdica e turística do concello, protexer e conservar o patrimonio material e inmaterial do territorio e o emblemático espazo físico onde se realiza  Tamén se debaterá a desafectación de varios investimentos, que pasan de ser financiados mediante operación de préstamo a ser […]

today29 mayo, 2024

AD