AD

Comarca

2368 Resultados / Página 220 de 264

Fondo
AD

Actualidad

Ames prevé abrir os comedores escolares con total normalidade mañá luns

A primeira hora realizarase unha última comprobación por parte dos técnicos de Sanidade e unha posterior xuntanza no Concello cos departamentos de Promoción da Saúde, Educación, Alcaldía e os servizos técnicos municipais O alcalde, Blas García: “Ante calquera impedimento que poida xurdir o Concello de Ames ten capacidade para prestar o servizo de forma segura” Ames, 19 de maio de 2024.- Previsiblemente os comedores escolares de Ames abrirán con normalidade no día de mañá. A información da que se dispón […]

today19 mayo, 2024

Actualidad

Estabilizado o cadro de gastroenterite que afectou a 65 persoas no CEP de Ventín de Ames

Estabilizado o cadro de gastroenterite detectado no CEP de Ventín e que afectou tanto a rapazada como a monitorado. Nos próximos días coñecerase a orixe, vírica ou alimentaria, desta afección mediante as mostras recollidas nos comedores escolares amesáns e os coprocultivos dos pacientes que precisaron acudir a un centro sanitario. Sanidade rexistrou 65 casos durante o día de antonte, sen ningún cadro de gravidade. A totalidade das persoas atendidas foron dadas de alta. Dende o Concello de Ames e dende […]

today19 mayo, 2024

Actualidad

Dodro entrega o premio Eusebio López Baleirón

O Autor Manuel López Rodríguez, gañador con “As palabras do sur” participou nun acto que congregou numero público e autoridades O Concello de Dodro conmemorou o Día das Letras Galegas coa presentación da obra "As palabras do sur" de Manuel López Rodríguez, gañadora do certame poético Eusebio Lorenzo Baleirón no ano 2023. No acto, presidido polo alcalde de Dodro Francisco Xabier Castro Tourís, interviñeron o concelleiro de Cultura, Ramón Abuín Gómez, o autor do poemario e Antón Lopo, escritor e […]

today18 mayo, 2024

Actualidad

A IV Xuntanza de Maiores de Lousame reúne a máis de 250 participantes

18 de maio de 2024.- Algo máis de 250 veciños e veciñas, maiores de sesenta anos, déronse cita na IV Xuntanza de Maiores do Concello de Lousame, que tivo lugar este venres no restaurante O Trapeiro. Un encontro que estivo presidido pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, que estiveron acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo; o concelleiro de Economía, Esteban Ares, e o párroco de Noia, José Ortoño. […]

today18 mayo, 2024

Actualidad

O BNG de Ordes propón facilitar a conversión de baixos comerciais en vivendas

O BNG de Ordes propón facilitar a conversión de baixos comerciais en vivendas nos centros urbanos de Ordes e Mesón do Vento. O portavoz nacionalista, Pablo Vidal, insta a estudar a tramitación dun anexo de habitabilidade que permita modificar ou eliminar as esixencias relativas á protección de vistas nas áreas ou rúas de ambos cascos urbanos, segundo as Normas de Habitabilidade de Vivendas de Galicia. Vidal subliña que isto non implica que todos os baixos poidan ser transformados en vivendas, […]

today18 mayo, 2024

Actualidad

Boqueixón entrega os premios do X Certame de Relato Curto Xosé Neira Vilas

Douscentos alumnos e alumnas do CPI Antonio Orza Couto asisten á entrega de galardóns e á presentación da adaptación de “Memorias dun neno labrego” á banda deseñada, realizada por Iria Aldegunde Boqueixón, 17 de maio de 2024.- Máis de douscentos alumnos e alumnas do CPI Antonio Orza Couto participaron no Festival das Letras Galegas de Boqueixón, onde o alcalde Ovidio Rodeiro Tato fixo entrega dos premios do X Certame de Relato Curto Xosé Neira Vilas e a artista Iria Aldegunde […]

today17 mayo, 2024

Actualidad

José Luís Baños de Cos recibe o VI Premio Laudamuco para textos Teatrais

O alcalde de Brión, Pablo Lago, destaca que “coas 49 obras presentadas este ano xa son máis de 300 as pezas teatrais promovidas por este premio Laudamuco” 17 de maio de 2024.- O escritor José Luís Baños de Cos (Xerez da Fronteira, 1977) recolleu a sexta edición do Premio Laudamuco para textos teatrais pola súa obra "A porta. Un relato de violencia”, que recolleu de mans do alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín. Un certame literario convocado polo Concello de […]

today17 mayo, 2024

Actualidad

A Baña entrega o Premio Daniel García Ramos a Mª Jesús Álvarez Ramos no Día das Letras Galegas

A galardoada exerceu de mestra e xefa de estudios durante vinte anos no CPI de San Vicente A tenente de alcalde Mónica González recoñeceu a súa traxectoria profesional e “o orgullo que sentimos de que unha bañesa continúe coa profesión familiar” dunha s saga de mulleres dedicadas ao ensino A directora do CPI, Mar Sueiro, e o historiador e exalumno, Bruno Esperante, loaron a figura e o legado que deixou a docente no centro Chus Álvarez Ramos, moi emocionada e […]

today17 mayo, 2024

Actualidad

A Baña recorrerá a decisión do TSXG de desestimar a suspensión cautelar do parque eólico de Vilartoxo

Gran Capital Power prevé construír seis aeroxeneradores entre os municipios da Baña e de Val do Dubra A Baña. 16-5-2024.- O Concello da Baña vai recorrer a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de desestimar a suspensión cautelar do parque eólico de Vilartoxo que a empresa Green Capital Power S.L. planifica construír nos municipios da Baña e Val do Dubra. Aínda que rexeita a petición do Concello de suspender cautelarmente a tramitación deste parque eólico, o TSXG continúa […]

today16 mayo, 2024

AD