AD

Comarca

2368 Resultados / Página 223 de 264

Fondo
AD

Actualidad

VIII Trofeo de Ciclismo Concello do Pino, este sábado 12 de maio

O Concello de O Pino acollerá o próximo sábado, 12 de maio, a sexta edición do desafío ciclista Trofeo de Ciclismo de Santiago. A competición é organizada polo Club Ciclista de Santiago e está destinada a categorías Máster 30, 40, 50 e 60, cun total de 69,2 quilómetros de percorrido. A proba, que forma parte da Challenge, xunto coa primeira cita en Ordes, contará tamén cunha clasificación independente. A saída está programada para as 10:45 horas.

today8 mayo, 2024

Actualidad

O auditorio do Milladoiro acolleu os Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas

Ames, 8 de maio de 2024.- A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu onte a segunda edición dos Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas. O evento foi organizado por Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas en colaboración co Concello de Ames e e coa Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais. Con esta actividade, a entidade brindou recoñecemento sectorial a profesionais, entidades, instalacións, publicacións e persoal técnico vencellados ás artes escénicas de […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

Todo o que debes saber para participar no primeiro concurso ‘Baila con Ames’

Trátase dunha nova iniciativa que se suma ao concurso Canta con Ames que este verán celebrará xa a súa cuarta edición. Para inscribirse no Baila con Ames hai que presentar no rexistro municipal os impresos de inscrición. Tamén hai que enviar un vídeo casting ao enderezo de correo electrónico amesnarua@gmail.com. O prazo de inscrición estará aberto dende o día seguinte da publicación das bases do concurso no BOP e ata o 10 de xuño Establécense dúas categorías: individual ou parellas; […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

A Baña celebra o ‘Mes das Letras’ cunha homenaxe á exprofesora María Jesús Álvarez Ramos

O xoves celebrarase unha xornada de convivencia para o CPI A Baña en Agra de Chans coa actuación de Luis Vallecillo O venres 17, Día das Letras Galegas, homenaxearase á exprofesora María Jesús Álvarez Ramos na casa da cultura A carballeira de Seilán acolle o domingo 19 a Festa da Re-Volta A Baña. 8-05-2024.- No marco da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello da Baña pon en marcha o Mes das Letras, un programa de actividades dirixido a […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

Axudas dispoñibles para clubs e asociacións deportivas de Ames

A contía destinada a esta convocatoria ascende nesta anualidade aos 80.000 euros A convocatoria de axudas está destinada a promover as actividades desenvolvidas polas asociacións e clubs deportivos do concello de Ames. Deste xeito, poderán ser subvencionadas as actividades de índole deportiva desenvolvidas por estas entidades, así como a adquisición de material inventariable cun límite dun 20% do orzamento total A estas axudas poden optar as asociacións e clubs deportivos existentes no concello de Ames, legalmente constituídas, e que figuren […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

Controlado un lume en Padrón que calcinou un tractor e se propagou a unha finca

Imagen: @BomberosBoiro Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron este martes unha alerta ás 12:26 deste mediodía sobre un incendio que afectou a un tractor que circulaba pola DP-6503, nas proximidades da parroquia de Carcacia, no concello de Padrón. Ao chegar ao lugar, os bombeiros identificaron o foco do lume nun tractor que ardía ao carón da estrada, o que provocou que o lume se espallara a unha zona forestal próxima. O operativo despregado consistiu na extinción tanto […]

today7 mayo, 2024

Actualidad

A XXVI Festa da Troita acolle a orquestra co escenario máis grande de Europa

Este martes participaba en Radio Líder Santiago o alcalde do Concello de Oroso, Alex Doval, para falar da XXVI Festa da Troita que se celebrará os días 10, 11 e 12 de maio en Sigüeiro. Unha festa declarada de Interese Turístico de Galicia. Os estudantes do IES de Oroso serán os encargados de dar o pregón, despois de facer "un casting" entre distintos alumnos do centro cunha ampla participación. O rexedor lembrou a variada programación que comeza o venres 10 […]

today7 mayo, 2024

Actualidad

A II Festa do Pan e do Cereal celebrarase o 11 de maio en Bugallido

O Campo da Festa da Bugallido acollerá este sábado, 11 de maio, a II Feira do Pan e do Cereal, coa que se quere poñer en valor un produto esencial na gastronomía, na tradición e na cultura galegas A través de exposicións, charlas, obradoiros e degustacións, a Feira busca ser un referente dentro do seu sector A técnica de Medio Ambiente e coordinadora da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, explicou que “este ano intentamos mellorar algúns aspectos con respecto á […]

today7 mayo, 2024

Actualidad

As entidades sociais sen ánimo de lucro de Ames poden solicitar axudas ata o 3 de xuño

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, informa de que ata o 3 de xuño está aberta a convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social Con estas axudas búscase reforzar a colaboración coas entidades que leven a cabo actividades complementarias aos servizos sociais, e que favorezan a inclusión social, a saúde pública ou a formación laboral. Ao igual […]

today7 mayo, 2024

AD