AD

Comarca

2368 Resultados / Página 230 de 264

Fondo
AD

Actualidad

Nuria Rábano e Tariku Novales premiados como os deportistas máis destacados de Ames

      O acto contou coa exhibición da escola municipal deportiva de baile moderno, e co espectáculo de danza “OhLimpiadas”, da compañía La Sincro, protagonizado por Berta Garriga e Mónica Suárez O xogador de squash Borja Golán Sanmartín, que foi dezasete veces campión de España na categoría absoluta, actuou como padriño do evento O alcalde de Ames, Blas García, destacou “este é un recoñecemento ao esforzo, a calidade e a dedicación das nosas e dos nosos deportistas. Ames ten […]

today20 abril, 2024

Actualidad

Silleda reafirma o seu compromiso coa integración laboral de persoas con discapacidade

      A alcaldesa, Paula Fernández, asinou esta mañá un novo convenio que lle dá continuidade a colaboración coa asociación Amicos Inclúe como novidade o asesoramento a persoas en situación de vulnerabilidade Silleda. 19-4-204.- O Concello de Silleda asinou esta mañá a renovación do convenio de colaboración coa Asociación Amicos para fomentar o emprego das persoas con discapacidade, que este ano inclúe tamén como novidade o asesoramento laboral a persoas en situación de vulnerabilidade.  O acordo oficializárono na casa […]

today19 abril, 2024

Actualidad

O comunicador Marcial Mouzo, pregoeiro da 32ª Festa do Melindre

O popular presentador e director do programa “Pensando en ti” da Radio Galega, en antena desde 1996, será tamén nomeado embaixador da festa do melindre e da repostaría tradicional. Dará o pregón o domingo 12 de maio ás 12 h na Praza do convento de Melide. Marcial Mouzo Vidal naceu en Camariñas en 1961. Empezou no mundo da comunicación na Radio Galega, emisora na que permanece desde 1985 dirixindo e presentando programas de todo tipo: musicais como “Grandes Orquestras”, “Música […]

today19 abril, 2024

Actualidad

O avance de Ames marcou o debate do pleno extraordinario sobre o estado do concello

      O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este mércores, 17 de abril, o sexto pleno de estado do Concello de Ames. Esta sesión plenaria serviu para facer balance sobre a xestión do goberno local e da situación na que se atopa o municipio amesán Dese xeito, fíxose balance da execución das actuacións incluídas na EDUSI Impulsa Ames e da actividade doutras áreas como educación, emprego, comercio, axenda urbana, mocidade, medio ambiente, cultura, etc. Tamén se […]

today18 abril, 2024

Actualidad

Dodro conmemora o Día do Libro coa iniciativa ‘Cafelibros’

      A biblioteca municipal colabora con locais de hostalería de Dodro para achegar a lectura á veciñanza Dodro, 18 de abril 2024 – O concello de Dodro quere conmemorar o Día do libro achegando a lectura á veciñanza, en colaboración cos hostaleiros do pobo, na iniciativa CAFELIBROS Media ducia de locais recibiran da biblioteca, desde o día 23, un préstamo de libros durante quince días. Lecturas variadas e para todas as idades, en galego e castelán, que os […]

today18 abril, 2024

Actualidad

Ampla oferta de campamentos de verán en Ames

      Presentouse na Casa do Concello, en Bertamiráns, o servizo de campamentos de verán 2024, dirixido á rapazada que estea cursando os niveis de infantil, primaria, secundaria ou bacharelato Durante o acto, a concelleira de Educación e Mocidade, Carmen Porto, destacou que este servizo tamén “busca facilitar a conciliación das familias durante as vacacións de verán” Pola súa banda, o concelleiro de Xestión do Medio Rural, Javier Antelo, sinalou que un dos obxectivos do servizo de campamentos municipais […]

today18 abril, 2024

Actualidad

Cáritas instala dous puntos de recollida de roupa en Sergude e Lestedo

      Boqueixón, 18 de abril de 2024.- O Concello de Boqueixón e Cáritas Diocesana de Santiago veñen de asinar un convenio de colaboración que permitiu a instalación de dous puntos de recollida de roupa, calzados e complementos nas localidades de Sergude e de Lestedo. Uns contedores que foron instalados na xornada de onte en Sergude, a carón da Taberna de San Benito, e en Lestedo, na contorna do Eroski. Cáritas Diocesana de Santiago será quen se encargue do […]

today18 abril, 2024

Actualidad

O BNG consegue que se presenten alegacións en contra de Altri

      “A moción do BNG aprobada no Pleno de marzo solicitaba un Pleno específico para a presentación de alegacións en contra de Altri con acordo da Corporación.” “Este mércores celebrouse o Pleno extraordinario para a elaboración e aprobación de alegacións en contra da implantación da macroceluloso Altri en Palas de Rei, que afectará en grande maneira á calidade das augas e da súa biodiversidade do río Ulla”. O BNG acadou un acordo, coa abstención do Partido Popular, de […]

today18 abril, 2024

Actualidad

Padrón presentará alegacións ao proxecto de Altri en Palas de Rei

      O goberno local solicita á Xunta que “denegue a autorización ambiental integrada, o estudo de impacto ambiental, a declaración de utilidade pública e a implantación da industria de fibra téxtil” O alcalde, Anxo Arca, asevera que “o macroproxecto de Altri tal e como está plantexado constitúe un atentado contra o patrimonio natural de Padrón e de Galicia” “Continuaremos a defender o patrimonio natural e a saúde da cidadanía pese a quen lle pese”, subliña o rexedor Padrón. […]

today18 abril, 2024

AD