AD

Comarca

2368 Resultados / Página 234 de 264

Fondo
AD

Actualidad

Oitenta persoas participan na andaina polo Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia

      A segunda etapa terá lugar o domingo 5 de maio 8 de abril de 2024.- Unhas oitenta persoas participaron onte domingo na andaina polo Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia, organizada polo Club de Xubilados de Lousame en colaboración co Concello de Lousame. O tempo acompañou, polo que os camiñantes desfrutaron dun percorrido de 16 quilómetros entre Porto do Son e Portobravo (Lousame). A expedición saíu ás 9:00 horas da praza Teodomiro Hidalgo de Lousame […]

today8 abril, 2024

Actualidad

Fusión de concellos, unha alternativa para afrontar os retos do rural galego

      No ano 2015, os concellos de Cerdedo e Cotobade tomaron un paso ousado ao fusionarse nun esforzo por loitar contra os desafíos que afronta o rural galego. Coa unión, naceu Cerdedo-Cotobade, unha nova entidade municipal con máis de 5.800 habitantes e un presuposto ampliado, permitíndolle incluso reducir impostos. Esta fusión, a última realizada en Galicia, seguiu os pasos doutras unións, como a de Cesuras e Oza dos Ríos en 2012, coa denominación futura de Oza-Cesuras. Nas últimas […]

today8 abril, 2024

Actualidad

Protesta en Palas de Rei contra a planta de Altri coa presenza de alcaldes da zona

    Unhas 400 persoas, segundo datos da Plataforma Ulloa Viva, participaron nunha andaina de 5 quilómetros este domingo en protesta contra a posible instalación dunha planta de fibra textil en Palas de Rei, Lugo, promovida por Altri. Os participantes comezaron a súa ruta na Finca de Quintas, lugar onde Altri planea levantar a factoría, e na área recreativa A Cornella, en Santiso. O percorrido incluíu parte dos terrenos nos que a empresa portuguesa ten previsto instalar 12,5 quilómetros de […]

today8 abril, 2024

Actualidad

Oroso acomete melloras na rede de alumeado público

      O Concello de Oroso iniciou as obras de mellora do alumeado público e a súa eficiencia enerxética na urbanización Porto Avieira. Estas melloras abranguen a toda a urbanización, incluíndo a Rúa Ramon Cabanillas, Rúa Eduardo Blanco Amor, Rúa Maruxa Mallo, Rúa Fernández del Riego, Rúa María Casares e a Rúa Castelao. O proxecto, dividido en dúas fases, require un investimento total de 180.000€ procedentes dos fondos do POS do ano 2022. Esta actuación marca o inicio dunha […]

today8 abril, 2024

Actualidad

Frades aproba uns orzamentos de 2,39 millóns para este ano

      Contemplan case 620.000 euros para investimentos, case un 4% máis ca no exercicio anterior O Pleno de Frades aprobou os Orzamentos para 2024, que ascenden a 2.394.211,83 euros e medran un 1,28% con respecto ao ano 2023. Unhas contas que “garanten a eficacia e a eficiencia do sistema municipal, co obxectivo de ser unha entidade solvente e ben xestionada que lle ofreza os mellores servizos aos seus veciños e veciñas”, asegurou o alcalde de Frades, Roberto Rey […]

today8 abril, 2024

Actualidad

As festas de Pascua despídense coa xuntanza dos Fillos e Amigos de Padrón e o Festival de Bandas Capital do Sar

      O alcalde, Anxo Arca, e integrantes do goberno presiden os actos da Irmandade, que volven entregar os recoñecementos anuais Fixéronse ofrendas florais a Rosalía, Camilo José Cela e Pepe Domingo Castaño. Numeroso público no certame que xuntou as bandas de Padrón, Touro e Caldas As orquestras Atenas e Marbella animaron as últimas verbenas tras os éxitos de público nos concertos do sábado de Celtas Cortos e Olympus Padrón. 7-4-2024.- Padrón despide este domingo unhas Festas de Pascua […]

today7 abril, 2024

Actualidad

O equipo Cortizo logra os 7 primeiros postos na Clásica de Pascua

      O asturiano Ramón Fernández gana a proba e tamén as metas voantes Marc Torres quedou segundo e o ribeirense Alejandro Paz foi o terceiro clasificado O maillot de sprints especiais foi para Andrés Ripoll e o da montaña para Samuel Flores Ramón Fernández, en elite, e Marc Torres, en Sub-23, son os primeiros líderes da Copa Galicia Padrón. 6-4-2024.- O Club Ciclista Padronés Cortizo non deu tregua e impúxose con rotundidade na 61 edición da Clásica de […]

today6 abril, 2024

Actualidad

Volve a Festa do Viño da Ulla os días 13 e 14 de abril

A comisión organizadora e o concello de Vedra deron conta das novidades desta XLII Festa do Viño da Ulla. Ademais das actividades desa fin de semana a Festa leva aparelladas as Xornadas Técnicas sobre a Cultura do Viño que se celebraran do 10 ao 12 de abril. O sábado 13 contarán coa II ruta de coches antigos e o domingo 14 coa II ruta moteira ambas percorreran boa parte dos viñedos da Subzona Ribeira do Ulla. En ambos os dous […]

today5 abril, 2024

Actualidad

Oroso, preseleccionado para participar no Grand Prix de TVE

      O concello de Oroso tivo a honra de ser preseleccionado como candidato para a vindeira edición estival do popular concurso Grand Prix de TVE. Con orgullo e entusiasmo, o concello está a preparar un vídeo excepcional para representar a localidade con dignidade nesta competición televisiva. Para demostrar o seu apoio e ánimo ao equipo que traballa neste proxecto tan emocionante, o concello de Oroso convida a todos e todas a unirse no venres, día 5, ás 18:00 […]

today4 abril, 2024

AD