AD

Comarca

2364 Resultados / Página 258 de 263

Fondo
AD

Actualidad

Os maiores de Rois que viven sós reciben cartas da cativada para acompañalos neste Nadal

O Concello colaborou co proxecto posto en marcha polo colexio CPPI dos Dices para o envío de mensaxes realizadas polo alumnado O obxectivo é axudar a combater a soidade da veciñanza maior de 70 anos que reside no municipio e que, por unha ou outra razón, pasou estas festas lonxe dos seus seres queridos A misiva ía acompañada dunha carta do alcalde Ramón Tojo Rois. 26-12-2023. As persoas maiores de Rois que viven soas sentiron neste Nadal o agarimo da […]

today26 diciembre, 2023

Actualidad

Frades fai entrega a Cáritas dos alimentos recollidos na campaña de Nadal

O concelleiro de Cultura e Voluntariado, Juan Carlos Portos Bra, fixo entrega este venres dos alimentos recollidos na Campaña de Nadal a María Flor Bravo Grobas e María Concepción Gómez Lagares, voluntarias en Cáritas Frades-Mesía. Unha campaña que, por décimo ano consecutivo, permitiu recoller alimentos básicos (leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas...) así como produtos do Nadal, todos eles debidamente etiquetados e coa data de consumo preferente non superada. Uns produtos que serán repartidos entre familias máis necesitadas do […]

today23 diciembre, 2023

Actualidad

Farmacia Noelia Mayo e a unitaria da Escravitude foron os gañadores do concurso de decoracións ‘Nadal na rúa 2023’

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a primeira tenente de alcalde e concelleira de Comercio e Turismo e Festas, Chus Campos, entregaron os premios do concurso de decoración Nadal na rúa 2023 aos gañadores desta edición. O vencedor na categoría de establecementos foi a Farmacia Noelia Mayo, que acadou un premio de 250 euros. O Café Bar Século XX e Café Bar Botánico, que lograron o segundo e o terceiro posto, respectivamente, recibiron 150 e 100 euros cada un. […]

today22 diciembre, 2023

Actualidad

Arzúa reparte entre a veciñanza o calendario municipal de 2024

      O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que nos vindeiros días repartirase entre os veciños e veciñas o calendario municipal do ano 2024 de forma gratuita. Coincidindo coa feira de mañá, venres 22 de decembro, farase o primeiro reparto dos calendarios entre os asistentes ao mercado a partires das 11:30h na entrada do Multiusos Terra do Queixo. Nesta mañá repartiranse os primeiros 500 exemplares ata fin de existencias. A partir do martes 26 as persoas […]

today21 diciembre, 2023

Actualidad

O Museo das Minas de San Finx mantén o seu horario pero pechará varios días do Nadal

21 de decembro de 2023.- O museo do poboado mineiro das minas de San Finx manterá durante o Nadal o seu horario de inverno habitual, coa excepción dos días de Noiteboa, Nadal, Aninovo, Reis e o venres 29 de decembro. Así, as instalacións estarán abertas en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, os mércores, xoves e venres. Os sábados e domingos haberá tanto horario de mañá (10:00 a 14:00 horas) como de tarde (16:00 a 19:00 horas). As […]

today21 diciembre, 2023

Actualidad

O goberno municipal de Dodro traballa na aprobación definitiva dunha nova RPT

O pasado mes de maio levouse a pleno unha modificación consensuada da Relación de Postos de Traballo que foi finalmente retirada do pleno. Dodro, 21 de decembro do 2023.- O goberno municipal de Dodro están mantendo reunións con tódolos grupos políticos co fin de chegar a un acordo amplo co fin de ampliar e mellorar a Relación de Postos de Traballo do concello. No pleno do 7 de xuño decidiuse retirar da orde do día a modificación número 1 da […]

today21 diciembre, 2023

Actualidad

Dodro ofrece 100 prazas no programa de emprego 2023/24

      O luns tivo lugar, no Salón do Plenos do Concello de Dodro, a presentación da nova edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Dodro 2023/2024, na que estiveron representantes políticos dos concellos que integran o ámbito territorial do Programa que, desta volta, son Dodro, Padrón, Rois, Valga, Pontecesures e Catoira, que se incorpora en substitución do Concello de Rianxo. Este ámbito territorial, que inclúe ambas marxes do río Ulla, móstrase como un bo eido de […]

today21 diciembre, 2023

Actualidad

Aberto o prazo para solicitar praza no programa integrado de emprego de Ames e Brión

      Os Concellos de Ames e Brión poñen en marcha unha nova edición do programa integrado de emprego. Ata o día 12 de xaneiro está aberto o prazo para solicitar praza no programa integrado de emprego 2023-2024 Esta edición o programa está aberto a 100 persoas desempregadas que se formarán nos sectores do comercio, almacén, ocio e tempo libre, turismo, idiomas e novas tecnoloxías O pasado 16 de novembro rematou a edición 2022-2023, superando o obxectivo de inserción […]

today20 diciembre, 2023

Actualidad

Exitosa participación do Club Atletismo MillaRaio nas fases zonal e provincial do programa XOGADE

Durante este mes de decembro celebráronse as fases zonal e provincial de campo a través do programa XOGADE de categorías escolares Na fase zonal, celebrada en Acea de Ama (Culleredo) o 2 de decembro, o club Atletismo MillaRaio tivo representación en todas as categorías masculinas e femininas, enviando a un total de 51 atletas Os catro equipos femininos conseguiron a clasificación para a fase provincial que se celebrou en Santiago de Compostela o pasado sábado 16 de decembro Ames, 20 […]

today20 diciembre, 2023

AD