AD

Comarca

2577 Resultados / Página 35 de 287

Fondo
AD

Comarca

O BNG pide prazos claros e celeridade para rematar a humanización da AC-305

Rosana Pérez leva as demandas da veciñanza ao Parlamento e reclama que se informe dos prazos O Bloque Nacionalista Galego, recollendo as demandas da veciñanza de Palmeira, defenderá a vindeira semana unha iniciativa no Parlamento galego para que a Xunta de Galiza axilice ao máximo posible a adxudicación da obra da AC-305 a unha nova empresa e informe con claridade dos prazos que manexa para a súa finalización. A deputada Rosana Pérez, o exalcalde e portavoz Luís Pérez e as […]

today13 abril, 2026

Comarca

Boiro celebra o xoves 16 de abril a III Feira de Emprego do Barbanza

O Concello de Boiro celebra este xoves 16 e abril a III Feira de Emprego do Barbanza, unha xornada para impulsar o talento e a economía local. Celebrarase no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento do Concello de Boiro, situado no Parque Empresarial de Espiñeira, con apertura de portas ás 9.20 horas. A feira desenvolverase nunha xornada única que contará coa participación de empresas de distintos sectores produtivos, entidades formativas e servizos de orientación laboral. Durante a xornada desenvolveranse […]

today13 abril, 2026

Comarca

A Estrada dá luz verde á construción de 28 vivendas públicas que se licitarán en breve

O Concello da Estrada deu un novo paso para facer realidade a construción de 28 vivendas de promoción pública no casco urbano. O alcalde, Gonzalo Louzao, informou durante o pleno ordinario correspondente ao mes de abril de que a administración municipal xa recibiu o proxecto redactado pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda (IGVS), e que este conta xa co visto bo do Concello. O rexedor explicou que o goberno local “fixo os seus deberes”, en […]

today13 abril, 2026

Comarca

Ames inviste máis de 730.000 € no novo servizo de desbroce, limpeza e mantemento do rural

O alcalde, Blas García, destaca “a importancia de volver a contar con este servizo que foi posto en marcha no ano 2021 cunha moi boa acollida entre a veciñanza amesá. É unha clara aposta polo rural amesán, e en concreto, unha aposta seria e firme pola conservación dos nosos núcleos rurais. Coa adxudicación deste novo contrato o Concello de Ames volve apostar pola economía social e os centros especiais de emprego” O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, […]

today11 abril, 2026

Actualidad

Melide presenta a 34ª Festa do Melindre, que reforza as actividades e a animación nas rúas

Obradoiros, showcooking, música e pasarrúas completarán unha fin de semana dedicada aos melindres, ricos e amendoados, os doces tradicionais da vila Vaise celebrar os días 9 e 10 de maio Melide, 09 de abril de 2026.- O Concello de Melide presentou a programación da 34ª Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional, que se celebrará os días 9 e 10 de maio, cun programa que incorpora máis actividades e reforza a animación nas rúas ao longo de toda a fin […]

today11 abril, 2026

Comarca

O guerrilleiro “O Barbarroxa”, protagonista do Día da Memoria Democrática Padronesa

• O acto organizado polo Concello de Padrón celebrarase o martes 14 de abril ás 18.00 horas no Auditorio Municipal • Incluirá a entrega do libro ‘Galiza na guerra civil: campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo’ Padrón. 10-4-2026.- O Concello de Padrón celebrará o vindeiro martes 14 de abril a terceira edición do Día da Memoria Democrática Padronesa, unha iniciativa institucional creada para honrar ás vítimas da represión franquista e reivindicar os valores de liberdade, xustiza […]

today10 abril, 2026

Actualidad

O alcalde de Rianxo destaca o investimento histórico e pide frear o clima de insulto político

O alcalde defende os logros dos primeiros mil días de goberno, destaca o investimento histórico e insiste na necesidade de “reivindicar o diálogo fronte ao insulto” O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, debullou nunha ampla entrevista o balance dos seus primeiros mil días de mandato, nun contexto marcado tanto pola actualidade inmediata —cun final feliz na desaparición dun veciño— como pola reflexión política sobre o presente e o futuro do municipio. Bustelo amosouse satisfeito co traballo realizado, reivindicando unha forma […]

today10 abril, 2026

Comarca

Veciños de Sigüeiro convocan unha concentración en defensa da sanidade pública

A preocupación pola situación da atención sanitaria no centro de saúde de Sigüeiro (Oroso) levou a veciñanza a organizar unha concentración este sábado día 11 ás 10:30 da mañá diante das instalacións médicas. Segundo trasladou Isabel Míguez, presidenta da asociación de veciños da Gándara, a mobilización nace como resposta ao empeoramento do servizo nos últimos meses. “O habitual agora é ter que esperar ata 15 días para conseguir unha cita médica”, denuncia, ao tempo que sinala outras dificultades como o […]

today10 abril, 2026

Comarca

A lei avala o proxecto da planta en Cacheiras mentres o Concello propón ubicala no futuro polígono industrial

O Concello de Teo celebrou onte un pleno extraordinario cun único punto na orde do día: a instalación dun centro xestor de valorización de residuos non perigosos na parroquia de Cacheiras. A sesión estivo marcada pola explicación do goberno local, a intervención da veciñanza e o debate sobre o encaixe legal do proxecto. Durante o pleno, deuse voz a unha representante da plataforma veciñal contraria á iniciativa, aínda non constituída formalmente, que trasladou a preocupación existente entre residentes da zona […]

today10 abril, 2026

AD