Vandalizan en Arzúa a estatua do alcalde fusilado Juan Manuel Vidal García
Arzúa, 26 de outubro de 2025. A estatua dedicada a Juan Manuel Vidal García, alcalde de Arzúa fusilado polo fascismo no ano 1936, apareceu esta mañá con pintadas na Praza de Galicia. A figura foi atacada cunha lenda que dicía: “Gobierno de rojos, época de piojos”, un feito que xerou unha forte condena por parte do Goberno municipal. Nun comunicado oficial, o Concello de Arzúa, gobernado por BNG, Alternativa Arzuá e PSOE, manifestou o seu rexeitamento absoluto e a súa […]