AD

Comarca

2369 Resultados / Página 71 de 264

Fondo
AD

Actualidad

Blas García: “O Milladoiro deixará atrás o estigma de Bronx para converterse na cabeceira de Ames”

O alcalde de Ames anuncia 220 vivendas públicas, un gran complexo deportivo e o novo mercado de proximidade como piares do mandato O alcalde de Ames, Blas García, foi entrevistado esta semana para facer balance da actualidade municipal e presentar os proxectos que marcarán o futuro inmediato do concello. O rexedor destacou especialmente a transformación urbanística e social do Milladoiro, o impulso á vivenda pública e a creación de novos espazos de encontro e servizos para a cidadanía. “Estamos creando […]

today22 septiembre, 2025

Comarca

Ana María Santiso e Andrés Cendán gañan a XX Carreira Popular do Pino

  Alberto Mariño e Alberto Riveiro completaron o podio absoluto masculino, e María Tarrío e Ana Martínez o feminino Jesús Sainz, Miguel García e Bruno Gomes foron os mellores atletas do Pino, e Cristina Carril, Ana María Fandiño e Carmen Castro, as mellores locais José Pantín e Elvira Tresguerras, participantes de máis idade O C.A. O Pino foi o que aportou un maoior número de participantes O Pino. 21-9-2024.- Ana María Santiso Prado e Andrés Cendán Lloréns foron esta mañá […]

today22 septiembre, 2025

Actualidad

Nove axencias de viaxes e touroperadores estatais coñecen o potencial turístico de Arzúa

Profesionais do sector participaron nun fam trip organizado pola Deputación da Coruña en colaboración coa Concellería de Turismo, co obxectivo de coñecer o municipio e reforzar a súa proxección como destino Arzúa, 20 de setembro de 2025.- Arzúa foi hoxe escenario dun fam trip —unha viaxe de familiarización dirixida a profesionais do sector turístico— no que participaron representantes de nove axencias de viaxes e touroperadores estatais. A iniciativa, organizada pola Deputación da Coruña coa colaboración da Concellería de Turismo de […]

today20 septiembre, 2025

Comarca

Comezan as obras para dotar a Bertamiráns cunha nova área de autocaravanas

O alcalde e concelleiro de Turismo, Blas García, explica que “a creación da nova zona de autocaravanas permítenos trasladar a que temos agora na rúa das Pesqueiras, que ten dificultades de acceso e un espazo moi limitado” Tamén asegurou que, grazas á axuda da Deputación “teremos dúas áreas, xunto coa do Milladoiro, e poderemos dar servizo ás persoas amantes de utilizar estes vehículos para viaxar e que pasan polo noso concello, nunha aposta clara pola promoción do turismo, e sobre […]

today19 septiembre, 2025

Comarca

Máis 380 atletas participan este domingo na Carreira Pedestre Popular do Pino

• As dez da mañá tomarán a saída na praza de Forcarei uns 170 atletas para disputar os 8K da proba absoluta • Menores de 8 e de 6 anos serán os últimos en competir, a partir do mediodía, nesta vixésima edición O Pino. 19-9-2024.- O Pino volverá vibrar este domingo co atletismo durante a celebración da vixésima edición da Carreira Pedestre Popular, que conta con máis de 380 atletas inscritos nas diferentes categorías, dende máster ata Sub-6. A saída […]

today19 septiembre, 2025

Comarca

O Congreso Galego de Bonsái volve a Val do Dubra o 11 e 12 de outubro

Val do Dubra, 18 de setembro de 2025 — O vindeiro 11 e 12 de outubro celebrarase en Bembibre (Val do Dubra) Congreso Galego de Bonsái, un encontro de referencia para todos os amantes desta arte. O evento terá lugar no Pavillón Municipal, con entrada gratuíta para todo o público. Durante dous días, os asistentes poderán gozar dunha ampla programación que inclúe demostracións en directo, conferencias especializadas e o esperado Concurso de Bonsái, con premios en diferentes categorías e recoñecementos […]

today18 septiembre, 2025

Comarca

Esteban Ares García toma posesión como alcalde de Lousame

Ares García asume a Alcaldía “con vocación de servizo público, porque así se debe exercer a política local, servindo aos teus veciños e veciñas, escoitándoos e abríndolles sempre as portas deste Concello” Insta aos seus compañeiros de Goberno a “que as lousas que dan nome ao noso municipio nos sirvan de símbolo: firmes e sólidas, como debe ser o noso compromiso cos veciños” Agradece á alcaldesa saínte, Teresa Villaverde, “a súa dedicación e entrega durante tantos anos. O seu traballo […]

today18 septiembre, 2025

Comarca

A Estrada reforma o deteriorado firme de beirarrúas que dan acceso a garaxes en 15 puntos da vila

O peso e paso constante de vehículos fai que o pavimento presente alteracións. Nestas zonas estanse substituíndo as baldosas por formigón con fibra, para evitar que rache. A Estrada, 18 de setembro de 2025.- O Concello da Estrada vén de emprender, cos medios humanos e materiais da brigada municipal de Obras, a reforma do firme de varias beirarrúas que se atravesan para facilitar o acceso a garaxes nunha quincena de puntos do casco urbano, unha intervención que o departamento de […]

today18 septiembre, 2025

Comarca

Obras de mellora de estradas e accesos a aldeas de Frades por máis de 200.000€

As máquinas traballan na mellora da seguridade viaria en Añá, no arranxo de dúas pistas en Castiñeiro Redondo (Moar) e O Campo-Vilarxoán (Vitre) e no acondicionamento dos accesos a Outeiro (Papucín) e San Martiño (Frades) 18 de setembro de 2025.- O Concello de Frades está executando nestes días cinco proxectos de obra nas parroquias de Añá, Frades, Moar, Papucín e Vitre que supoñen un investimento de 212.615 euros. Unhas actuacións que combinan a mellora de estradas locais coa construción dunha […]

today18 septiembre, 2025

AD