Os concellos de Arzúa e O Pino expresan o seu pesar polos mozos falecidos na A-54
Un grave accidente de tráfico ocorrido onte domingo na autovía A-54, á altura do concello do Pino, deixou dúas vítimas mortais: un mozo natural de Arzúa e unha moza veciña do propio municipio do Pino. A traxedia provocou unha onda de consternación nas dúas localidades, que esta mañá fixeron públicos comunicados de pesar. Desde o Concello de Arzúa sinalaron: «Estamos sobrecollidos ante unha noticia que nos enche de dor e conmoción. Expresamos as nosas máis sentidas condolencias ás familias e […]