Luisito cesado como adestrador do Compos que xa ten substituto
A SD Compostela anunciou a saída de José Luis Míguez Iglesias, “Luisito”, como adestrador do primeiro equipo tras os últimos resultados na competición. A directiva toma esta decisión co obxectivo de buscar un cambio de rumbo para loitar pola permanencia na Segunda Federación. O club agradece a Luisito o seu traballo e compromiso durante a súa etapa á fronte do equipo, lamentando que os resultados non fosen os desexados. “Moitas grazas e moita sorte para o futuro”, concluíu o comunicado […]