AD

Deputación da Coruña

38 Resultados / Página 2 de 5

Fondo
AD

Deputación da Coruña

O presidente da Deputación visita Congalsa e destaca o seu papel como motor industrial da provincia

O presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso, realizou esta mañá unha visita institucional ás instalacións de Congalsa na A Pobra do Caramiñal, onde foi recibido por Luis Miguel Simarro, presidente da Corporación Empresarial Congalsa; Noela Prieto, directora xeral, e Isabel Cañas, directora de Relacións Externas. Na visita participaron tamén o alcalde da Pobra, José Carlos Vidal, e a concelleira Patricia Lojo. Á súa chegada ás instalacións, o presidente da Deputación e o presidente da compañía atenderon aos […]

today29 abril, 2026

Deputación da Coruña

O Plan Único 2026 da Deputación alcanza os 153M€ e supera xa nun 11% ao do ano pasado

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, no marco dun expediente de modificación de créditos, unha partida adicional por importe de 65 millóns de euros para Plan Único (POS+2026), que se suman aos 88 millóns consignados inicialmente, elevando o investimento total ata os 153 millóns de euros. A cifra supón un incremento de preto dun 11% respecto aos 138 millóns totais de 2025 e consolida o Plan Único como o principal instrumento de cooperación municipal de Galicia e unha […]

today29 abril, 2026

Deputación da Coruña

Cristina García destaca en Vedra o compromiso da Deputación cos pequenos concellos

A deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Concellos, Cristina García Rey, visitou hoxe o Concello de Vedra nunha xornada de traballo institucional para coñecer sobre o terreo o desenvolvemento de actuacións financiadas pola Deputación da Coruña ao abeiro do Plan Único (POS). A visita comezou cunha recepción institucional na casa consistorial xunto ao alcalde, Carlos Martínez, e o concelleiro de Obras, Enrique Vázquez. Tamén estiveron presentes tres concelleiros da oposición: Xosé Antonio Pose 'Fou' e Xesús Castro (BNG), así […]

today29 abril, 2026

Deputación da Coruña

A Deputación ofrece 60 bolsas para que a mocidade estude inglés en Irlanda este verán

O programa, dirixido a alumnado de 1ª de Bacharelato, financia o 100% da estadía de catro semanas, incluíndo viaxes, aloxamento, formación, seguro e actividades, sen custo para as familias O prazo de solicitudes estará aberto do 9 ao 23 de abril na plataforma SUBTel da Deputación A Coruña, 7 de abril de 2026. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Educación e Mocidade, Yoya Neira, presentaron esta mañá o novo programa da Deputación da […]

today8 abril, 2026

Deportes

Abel Mechaal e Isabel Barreiro, gañadores dos 10.000 Peregrinos da Deputación da Coruña

Máis de 4.000 participantes consolidan a proba como a gran cita do atletismo en Galicia Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2026. Abel Mechaal e a asturiana Isabel Barreiro proclamáronse vencedores absolutos da carreira 10K “Os 10.000 Peregrinos” da Deputación da Coruña, celebrada hoxe en Santiago de Compostela, nunha edición que bateu todos os récords ao superar os 4.000 participantes no conxunto das probas. Na categoría masculina, Abel Mechaal subiu ao máis alto do podio, seguido de David de […]

today22 marzo, 2026

Deportes

A Deputación reivindica á provincia da Coruña como canteira e vangarda do deporte galego

Os IV Premios do Deporte distinguen a referentes, promesas e traxectorias exemplares do deporte coruñés A campioa de Europa de hóckey sobre patíns María Sanjurjo e o campión de Europa de patinaxe artístico Lucas Yáñez, mellores deportistas feminina e masculino Iván Raña, Javier Gómez Noya e Estrella Galicia recibiron premios honoríficos pola súa traxectoria e apoio ao deporte Tamén houbo galardóns para o Parrulo de Ferrol, o Club Ciclista Padronés, o Club de Piragüismo Ría de Betanzos, o Torneo Viravolta […]

today20 marzo, 2026

Actualidad

A Deputación da Coruña reforza o apoio ao deporte con 8M€ en subvencións e 62 bolsas para deportistas

O deputado provincial do Deporte repasou en Radio Líder Santiago a Gala do Deporte, a Carreira dos 10.000 Peregrinos, o apoio ao deporte de base e distintas reivindicacións sobre infraestruturas e servizos en Oroso. Redacción, 20 de marzo de 2026.- O deputado provincial do Deporte da Deputación da Coruña, Antonio Leira, defendeu en Radio Líder Santiago a aposta da institución polo deporte de base, pola diversidade de disciplinas e por un modelo “máis inclusivo, máis variado e máis dinámico”. Durante […]

today20 marzo, 2026

Deputación da Coruña

A Deputación destina preto de medio millón de euros a 48 bolsas de investigación e perfeccionamento artístico

Convócanse 20 bolsas de investigación e 28 de perfeccionamento artístico de 10.000 euros cada unha A Coruña, 16 de marzo de 2026. A Deputación da Coruña abre hoxe o prazo para solicitar as súas bolsas destinadas a apoiar á mocidade da provincia na realización de proxectos de investigación e no perfeccionamento de estudos artísticos durante o curso 2026-2027. Ambas convocatorias suman un orzamento total de 480.000 euros para un total de 48 bolsas de 10.000 euros cada unha. Nos últimos anos, […]

today16 marzo, 2026

Deputación da Coruña

O POS+ da Deputación financiou case 1.300 obras nos concellos da comarca de Santiago

O presidente da Deputación reclama á Xunta que incremente a un mínimo de 200 millóns de euros o Fondo de Cooperación Local “para aliviar as necesidades económicas dos concellos” A deputada de Plans, Cristina García, destaca que “a creación do Plan Único foi un cambio de paradigma e da forma de entender a colaboración municipal” Ordes recibiu máis de 15,4 millóns de euros desde a creación do plan e financiou 54 obras no municipio Ordes, 6 de marzo de 2026. […]

today5 marzo, 2026

AD