Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 abril, 2026
O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, no marco dun expediente de modificación de créditos, unha partida adicional por importe de 65 millóns de euros para Plan Único (POS+2026), que se suman aos 88 millóns consignados inicialmente, elevando o investimento total ata os 153 millóns de euros.
A cifra supón un incremento de preto dun 11% respecto aos 138 millóns totais de 2025 e consolida o Plan Único como o principal instrumento de cooperación municipal de Galicia e unha referencia a nivel estatal pola súa dimensión, flexibilidade e impacto directo nas economías dos concellos.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que «o Plan Único é hoxe a mellor ferramenta que teñen os concellos para garantir servizos, investir e planificar con estabilidade, especialmente nun momento de forte incremento dos custos». Formoso subliñou que «estamos nun contexto marcado pola inflación, pola incerteza internacional e polo encarecemento da enerxía e dos servizos, e os concellos están asumindo máis gastos que nunca, polo que este plan resulta clave para darlles seguridade e capacidade de resposta».
O presidente puxo en valor o modelo do POS+, baseado nun reparto obxectivo, transparente e equitativo dos fondos entre os 93 concellos da provincia, atendendo a criterios como a poboación ou a superficie de cada concello. Formoso lembrou ademáis que «son os concellos os que deciden libremente en que investir, en función das súas prioridades e do que precisa a súa veciñanza», explicou.
Neste sentido, destacou que o Plan Único permite financiar unha ampla variedade de actuacións, desde obras e infraestruturas ata programas sociais, culturais ou ambientais, pero incidiu especialmente na súa importancia para sosteñer o funcionamento diario dos municipios. «Non se trata só das máis de 4.500 obras executadas xa nos concellos cos fondos do Plan Único, senón de miles de servizos básicos como o alumeado público, a limpeza, o mantemento das vías municipais ou os servizos sociais que os concellos poden soster grazas a este plan. Ese gasto é menos visible, pero absolutamente esencial para a calidade de vida da xente», afirmou.
Formoso advertiu de que «sen este apoio, moitos concellos terían serias dificultades para manter o nivel actual de servizos nun contexto de subida xeneralizada dos custos» e engadiu que «a Deputación está a facer un esforzo extraordinario para estar á altura das necesidades dos municipios, mentres outras administracións seguen sen reforzar o financiamento local na medida necesaria». Neste punto, lembrou que «a Deputación da Coruña continúa a investir máis nos 93 concellos da provincia que a Xunta de Galicia nos 313 concellos galegos, e facémolo ademais con fondos que respectan plenamente a autonomía local». Neste sentido, demandou o incremento do financiamento dos municipios por parte da administración autónomica e o seu reparto en base a criterios obxectivos e non en función de cores políticas.
O Plan Único mantén un reparto equilibrado en todo o territorio provincial, garantindo que todos os concellos, independentemente do seu tamaño ou localización, dispoñan de recursos suficientes para atender as súas necesidades e desenvolver proxectos que melloren a calidade de vida da veciñanza.
Na comarca da Coruña, o investimento supera xa este ano os 36,2 millóns de euros, permitindo reforzar servizos e acometer actuacións nunha das áreas máis poboadas da provincia; na comarca de Santiago, o POS+2026 acada os 43,1 millóns de euros, a maior dotación por áreas, reflectindo o seu peso territorial e garantindo recursos para infraestruturas e servizos municipais; en Ferrolterra, Eume e Ortegal, o investimento supera os 28,6 millóns de euros, contribuíndo á mellora das infraestruturas locais e ao mantemento dos servizos nun territorio especialmente sensible aos cambios económicos; na comarca de Bergantiños e Costa da Morte, o plan mobiliza máis de 26,3 millóns de euros, permitindo avanzar na mellora das comunicacións e dos servizos básicos; e no Barbanza, o investimento acada os 18,6 millóns de euros, reforzando a capacidade dos concellos para atender as necesidades da veciñanza e impulsar o desenvolvemento local.
Formoso concluíu subliñando que «o Plan Único demostra que hai outra forma de facer política local, baseada na confianza nos concellos, na igualdade territorial e na resposta ás necesidades reais da xente», e engadiu que «a Deputación actúa e garante que os concellos teñan recursos para seguir funcionando e mellorando».
|
Comarcas |
POS + inicial/ 2026 |
POS+ AD2/2026 |
TOTAL POS + 2026 |
|
A Coruña |
20.180.578,46 |
16.063.590,47 |
36.244.168,93 |
|
Santiago |
25.305.801,37 |
17.833.699,65 |
43.139.501,02 |
|
Bergantiños |
15.250.837,43 |
11.066.759,55 |
26.317.596,98 |
|
Ferrol |
16.175.520,48 |
12.441.647,73 |
28.617.168,21 |
|
Barbanza |
11.087.262,26 |
7.594.302,60 |
18.681.564,86 |
|
Total |
88.000.000,00 |
65.000.000,00 |
153.000.000,00 |
|
Comarca da Coruña |
POS + inicial /2026 |
POS + AD2/2026 |
Total POS + 2026 |
|
Abegondo |
982.199,98 |
606.374,82 |
1.588.574,80 |
|
Aranga |
766.910,96 |
480.648,59 |
1.247.559,55 |
|
Arteixo |
2.179.029,12 |
1.367.787,94 |
3.546.817,06 |
|
Bergondo |
729.724,06 |
449.486,97 |
1.179.211,03 |
|
Betanzos |
888.533,04 |
700.301,93 |
1.588.834,97 |
|
Cambre |
1.524.430,96 |
1.914.322,01 |
3.438.752,97 |
|
Carral |
729.599,01 |
561.912,56 |
1.291.511,57 |
|
Coirós |
438.512,99 |
273.626,09 |
712.139,08 |
|
Coruña, A |
371.678,13 |
234.417,95 |
606.096,08 |
|
Culleredo |
1.861.687,17 |
2.531.404,64 |
4.393.091,81 |
|
Curtis |
836.492,35 |
528.413,99 |
1.364.906,34 |
|
Irixoa |
550.977,55 |
354.431,78 |
905.409,33 |
|
Mesía |
819.145,34 |
508.368,52 |
1.327.513,86 |
|
Miño |
705.539,73 |
442.471,36 |
1.148.011,09 |
|
Oleiros |
2.078.321,50 |
1.280.180,39 |
3.358.501,89 |
|
Oza Cesuras |
1.380.970,30 |
853.765,38 |
2.234.735,68 |
|
Paderne |
519.089,47 |
349.098,73 |
868.188,20 |
|
Sada |
1.092.202,19 |
1.528.101,22 |
2.620.303,41 |
|
Sobrado |
831.521,55 |
520.904,53 |
1.352.426,08 |
|
Vilarmaior |
384.264,24 |
258.188,55 |
642.452,79 |
|
Vilasantar |
509.748,82 |
319.382,52 |
829.131,34 |
|
Total comarca |
20.180.578,46 |
16.063.590,47 |
36.244.168,93 |
|
Comarca de Santiago |
POS+ inicial /2026 |
POS+ AD2/2026 |
Total POS+ 2026 |
|
Ames |
2.003.997,30 |
1.314.490,03 |
3.318.487,33 |
|
Arzúa |
1.316.846,29 |
820.237,89 |
2.137.084,18 |
|
Baña, A |
854.380,24 |
565.019,40 |
1.419.399,64 |
|
Boimorto |
716.715,63 |
462.754,20 |
1.179.469,83 |
|
Boqueixón |
792.421,62 |
495.484,28 |
1.287.905,90 |
|
Brión |
903.866,08 |
613.947,03 |
1.517.813,11 |
|
Dodro |
413.482,10 |
299.075,41 |
712.557,51 |
|
Frades |
702.266,88 |
466.015,63 |
1.168.282,51 |
|
Melide |
1.248.549,38 |
779.914,33 |
2.028.463,71 |
|
Negreira |
1.118.242,19 |
736.044,74 |
1.854.286,93 |
|
Ordes |
1.483.889,46 |
927.267,64 |
2.411.157,10 |
|
Oroso |
909.829,51 |
703.140,62 |
1.612.970,13 |
|
Padrón |
758.146,05 |
748.677,65 |
1.506.823,70 |
|
Pino, O |
1.031.565,57 |
644.432,49 |
1.675.998,06 |
|
Rois |
849.022,59 |
528.604,53 |
1.377.627,12 |
|
Santa Comba |
1.562.179,97 |
1.039.557,10 |
2.601.737,07 |
|
Santiago de Compostela |
1.572.144,13 |
1.321.935,79 |
2.894.079,92 |
|
Santiso |
703.175,46 |
440.251,85 |
1.143.427,31 |
|
Teo |
1.443.381,20 |
990.917,51 |
2.434.298,71 |
|
Toques |
629.586,47 |
389.990,65 |
1.019.577,12 |
|
Tordoia |
887.443,28 |
554.291,64 |
1.441.734,92 |
|
Touro |
995.438,80 |
1.388.233,36 |
2.383.672,16 |
|
Trazo |
806.047,59 |
523.055,41 |
1.329.103,00 |
|
Val do Dubra |
878.502,03 |
573.453,76 |
1.451.955,79 |
|
Vedra |
724.681,55 |
506.906,71 |
1.231.588,26 |
|
Total comarca |
25.305.801,37 |
17.833.699,65 |
43.139.501,02 |
|
Comarca de Bergantiños e Costa da Morte |
POS+ inicial/2026 |
POS+ AD2/2026 |
Total POS+ 2026 |
|
Cabana de Bergantiños |
838.427,28 |
519.885,05 |
1.358.312,33 |
|
Camariñas |
623.379,44 |
400.982,78 |
1.024.362,22 |
|
Carballo |
2.466.262,75 |
1.621.568,87 |
4.087.831,62 |
|
Cee |
782.490,93 |
504.681,42 |
1.287.172,35 |
|
Cerceda |
895.559,33 |
571.074,16 |
1.466.633,49 |
|
Corcubión |
256.737,55 |
158.553,70 |
415.291,25 |
|
Coristanco |
1.136.650,09 |
957.081,08 |
2.093.731,17 |
|
Dumbría |
861.376,75 |
552.775,48 |
1.414.152,23 |
|
Fisterra |
496.556,14 |
314.728,02 |
811.284,16 |
|
Laracha, A |
1.301.895,66 |
899.108,26 |
2.201.003,92 |
|
Laxe |
494.240,11 |
397.225,34 |
891.465,45 |
|
Malpica de Bergantiños |
709.891,90 |
457.546,96 |
1.167.438,86 |
|
Muxía |
999.530,35 |
668.762,53 |
1.668.292,88 |
|
Ponteceso |
925.351,10 |
1.426.067,25 |
2.351.418,35 |
|
Vimianzo |
1.398.842,08 |
915.565,87 |
2.314.407,95 |
|
Zas |
1.063.645,97 |
701.152,78 |
1.764.798,75 |
|
Total comarca |
15.250.837,43 |
11.066.759,55 |
26.317.596,98 |
|
Comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal
|
POS+ inicial /2026 |
POS+ AD2/2026 |
Total POS+ 2026 |
|
Ares |
528.868,43 |
345.124,37 |
873.992,80 |
|
Cabanas |
515.601,41 |
412.482,60 |
928.084,01 |
|
Capela, A |
457.625,89 |
314.425,53 |
772.051,42 |
|
Cariño |
540.522,96 |
332.945,07 |
873.468,03 |
|
Cedeira |
853.967,52 |
539.586,80 |
1.393.554,32 |
|
Cerdido |
417.188,59 |
294.203,47 |
711.392,06 |
|
Fene |
896.188,48 |
581.475,51 |
1.477.663,99 |
|
Ferrol |
713.656,24 |
635.161,28 |
1.348.817,52 |
|
Mañón |
589.932,29 |
371.448,20 |
961.380,49 |
|
Moeche |
444.763,79 |
275.847,99 |
720.611,78 |
|
Monfero |
983.059,74 |
665.652,02 |
1.648.711,76 |
|
Mugardos |
366.934,69 |
819.932,21 |
1.186.866,90 |
|
Narón |
2.184.536,77 |
2.061.410,23 |
4.245.947,00 |
|
Neda |
488.582,31 |
323.683,34 |
812.265,65 |
|
Ortigueira |
1.502.653,60 |
993.802,71 |
2.496.456,31 |
|
Pontedeume |
697.733,52 |
429.781,81 |
1.127.515,33 |
|
Pontes de García Rodríguez, As |
1.790.718,77 |
1.319.884,89 |
3.110.603,66 |
|
San Sadurniño |
736.130,69 |
470.650,44 |
1.206.781,13 |
|
Somozas, As |
585.227,65 |
377.480,76 |
962.708,41 |
|
Valdoviño |
881.627,14 |
876.668,50 |
1.758.295,64 |
|
Total comarca |
16.175.520,48 |
12.441.647,73 |
28.617.168,21 |
|
Comarca do Barbanza |
POS+ inicial /2026 |
POS+ AD2/2026 |
Total POS+ 2026 |
|
Boiro |
1.403.036,27 |
954.642,25 |
2.357.678,52 |
|
Carnota |
648.467,12 |
435.182,44 |
1.083.649,56 |
|
Lousame |
731.599,68 |
460.806,13 |
1.192.405,81 |
|
Mazaricos |
1.196.641,58 |
739.206,45 |
1.935.848,03 |
|
Muros |
883.509,95 |
547.425,41 |
1.430.935,36 |
|
Noia |
956.926,40 |
761.587,89 |
1.718.514,29 |
|
Outes |
914.754,27 |
573.139,44 |
1.487.893,71 |
|
Pobra do Caramiñal, A |
714.617,41 |
582.466,57 |
1.297.083,98 |
|
Porto do Son, O |
1.040.785,92 |
702.902,69 |
1.743.688,61 |
|
Rianxo |
907.021,04 |
632.948,48 |
1.539.969,52 |
|
Ribeira |
1.689.902,62 |
1.203.994,85 |
2.893.897,47 |
|
Total comarca |
11.087.262,26 |
7.594.302,60 |
18.681.564,86 |
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)