AD

Destacado

2278 Resultados / Página 50 de 254

Fondo
AD

Destacado

O actor e humorista David Amor chama á mocidade a implicarse na defensa do galego

O actor, humorista e exdeportista galego participou nunha charla co alumnado do IES Luis Seoane de Pontevedra, onde reflexionou sobre a lingua, a infancia e a súa traxectoria profesional Redacción, 18 de novembro de 2025.- O coñecido actor, cómico e exxogador de balonmán David Amor protagonizou unha amena e profunda conversa co alumnado do IES Luis Seoane de Pontevedra no marco do programa Fala que fala, emitido por Radio Líder en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua. O encontro, entre […]

today18 noviembre, 2025

Actualidad

La banda compostelana Sr. Salvaje se prepara para un concierto histórico en la Sala Capitol

El líder de Sr. Salvaje, Guille Vistoso, anuncia un cierre de gira “muy especial” el próximo 5 de diciembre en la Sala Capitol de Santiago, con artistas invitados de primer nivel y una puesta en escena que promete ser “el concierto de mi vida”. “Este es el concierto de mi vida”. Así define Guille Vistoso, vocalista y guitarrista de Sr. Salvaje, el espectáculo con el que la banda compostelana pondrá punto final a su extensa gira Vuela. Tras más de […]

today17 noviembre, 2025

Actualidad

O incendio en Pontepedriña prende de novo o debate político

As primeiras dúas edicións do espazo Hai Debate, en Radio Líder Santiago, deixaron en evidencia a intensidade política que se vive na capital galega. Nestes encontros, os portavoces municipais discutiron sobre o incendio do pasado sábado en Pontepedriña e a situación do parque de bombeiros, así como os orzamentos 2026 da Xunta de Galicia destinados á capital. Participaron Manuel César (BNG), María Baleato (PP), Marta Abal (PSOE) e María Rozas (Compostela Aberta). Seguridade e bombeiros: un incendio en Pontepedriña que reavivou […]

today17 noviembre, 2025

Actualidad

A asociación compostelá ASPAS, campioa nacional de fútbol sala de nivel 2

O equipo de fútbol sala da Asociación ASPAS de Santiago de Compostela proclamouse campión de España de Nivel 2 no Campionato Nacional de Fútbol Sala, celebrado esta fin de semana en Ourense e organizado por Special Olympics Galicia. Desde a entidade compostelá destacan o valor do logrado polos seus deportistas e comparten a súa alegría: “Un orgullo enorme polo esforzo, o compañeirismo e a ilusión que demostraron en cada partido”. Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPAS) agradeceu […]

today17 noviembre, 2025

Actualidad

Lisdexia: dez anos facendo bailar Galicia entre garage, punk e retranca

Onda Chicha acolleu a visita de Lisdexia, o grupo muradán que leva xa unha década facendo da festa e da enerxía o seu sinal de identidade. “Somos unha banda de amigos; o máis importante para nós sempre foi pasalo ben”, resumía Frani, un dos seus membros, durante a entrevista. Formados en 2016, o quinteto —Javi, Fran, Frani, Chema e Antón— continúa a consolidar un proxecto que, sen perder o humor nin a retranca, defende con forza o punk galego máis […]

today17 noviembre, 2025

Actualidad

O Triatlón Compostela solicita un local no Verónica Boquete e igualdade de trato

O club pide incluír no próximo Pleno municipal a proposta de cesión dun dos locais libres do estadio para garantir adestramentos cubertos da súa escola O Club Triatlón Compostela fixo público nas súas redes sociais un comunicado dirixido aos catro partidos con representación no Concello de Santiago no que solicita a cesión dun local municipal que lle permita desenvolver a súa actividade deportiva en condicións dignas. No escrito, asinado pola presidenta da entidade, o club lembra que leva anos pedindo […]

today17 noviembre, 2025

Destacado

Agrede con violencia a un dependente dunha tenda 24 horas do Ensanche

Un dependente dunha tenda 24 horas do Ensanche de Santiago resultou ferido esta madrugada tras ser agredido por un cliente que, segundo as primeiras informacións, lle propinou un forte golpe no rosto, chegando a fracturarlle o nariz. O suceso ocorreu durante unha discusión cuxos motivos están a ser investigados polas forzas de seguridade. Até o lugar desprazáronse servizos sanitarios e axentes da Policía, que xa abriron unha investigación para identificar e localizar ao agresor, que abandonou o establecemento de forma […]

today16 noviembre, 2025

Actualidad

O PP de Santiago pide a dimisión inmediata de Goretti Sanmartín tras un incendio con operativo insuficiente

O Partido Popular de Santiago lanzou esta mañá un comunicado urxente no que demanda a dimisión inmediata da alcaldesa, Goretti Sanmartín, á que sinala como “máxima responsable” da situación que, segundo denuncian, vive o servizo de Bombeiros de Compostela. Os populares agradecen o labor dos bombeiros de Santiago, que “hoxe puxeron a súa vida en perigo acudindo a un incendio cun equipo insuficiente”, así como o apoio prestado polos efectivos de Brión e Ordes, que permitiu entre todos evitar “unha […]

today15 noviembre, 2025

Destacado

A compostelá Isabel Dobarro fai historia ao gañar un Latin Grammy

A escena musical galega está de noraboa. A pianista santiaguesa Isabel Dobarro acaba de conseguir un dos recoñecementos máis importantes da súa carreira: o Latin Grammy ao Mellor Álbum de Música Clásica, un logro que a coloca entre as intérpretes máis destacadas do momento. Nacida en Santiago de Compostela en 1992, Dobarro leva anos construíndo unha traxectoria marcada pola excelencia interpretativa, a investigación e a defensa da obra de compositoras. O prestixioso galardón chega como culminación dun traballo rigoroso e […]

today14 noviembre, 2025

AD