Dous mozos perden a vida nun sinistro na A-54 ao seu paso polo Pino
Este domingo, 14 de setembro, a A-54 volveu ser escenario dun tráxico accidente de tráfico no termo municipal do Pino. Segundo confirmou o 112 Galicia, o sinistro rexistrouse arredor das 14:30 horas á altura da parroquia de Cerceda, cando un turismo se saíu da vía e bateu contra a varanda. Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061 —que incluso mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago—, os Bombeiros de Arzúa, a Garda Civil de Tráfico e os […]