AD

Política

1907 Resultados / Página 176 de 212

Fondo
AD

Actualidad

O PP de Santiago propón mellorar a oferta de conciliación de verán

Borja Rubio solicitou aumentar significativamente o número de prazas nos campamentos de verán e diversificar as localizacións para abarcar máis centros educativos, incluíndo zonas que actualmente non están cubertas de forma axeitada A nosa proposta busca unificar estas actividades nunha campaña de verán integrada, permitindo unha mellor accesibilidade e planificación”, declarou o edil popular Borja Rubio, concelleiro do Partido Popular no Concello de Santiago de Compostela, anunciou hoxe unha proposta destinada a mellorar a conciliación familiar durante a tempada de […]

today28 mayo, 2024

Actualidad

A Corporación municipal de Santiago súmase ao apoio ás persoas afectadas pola ELA

28/05/2024 O Pleno do Concello aprobará o vindeiro xoves 30, na sesión ordinaria do mes de maio, unha declaración institucional subscrita por todos os grupos municipais en apoio ás persoas afectadas pola Esclerosis Lateral Amiotrófica que busca impulsar a tramitación da proposición da Lei ELA. Os catro grupos municipais aprobarán o vindeiro xoves esta declaración na que instan á tramitación desta proposición para que "as persoas afectadas por esta cruel doenza, as familiares e as coidadoras, sexan amparadas, en igualdade de […]

today28 mayo, 2024

Actualidad

Santiago solicítalle á Xunta 29 novas licenzas de taxi

27/05/2024 O Concello pediralle á Xunta de Galicia que permita a creación de 29 novas licenzas de taxi en Santiago, a metade delas para vehículos adaptados, e que impulse a modificación da actual lexislación para que se poidan crear licenzas temporais. Así se recolle no estudo de mobilidade específico que lle será remitido á Consellería de Vivenda e Planificación das Infraestruturas, e que esta mañá foi aprobado pola Xunta de Goberno. O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais deu conta […]

today27 mayo, 2024

Comarca

O alcalde de Ames critica as «especulacións» durante o gromo de gastroenterite

A Consellería de Sanidade confirmou este sábado pasado que o gromo de gastroenterite que afectou a máis dun cento de persoas no concello de Ames debeuse a contaxios de norovirus, descartando así a posibilidade de contaminación alimentaria nos comedores escolares. Os resultados das análises das mostras de alimentos e a inspección do comedor do CEIP de Ventín non atoparon ningunha deficiencia nin presenza de contaminación microbiolóxica. O alcalde de Ames, Blas García, participou este luns nunha entrevista en Radio Líder […]

today27 mayo, 2024

Actualidad

Muíños propón que as subvencións deportivas inclúan un anticipo do 80 %

Lembra que é unha fórmula que xa funciona nas convocatorias de outras administracións e que permitiría dar “seguridade económica” aos clubs e entidades da cidade Defenderá unha proposición no vindeiro pleno na que se detalla que, para que sexa viable esta fórmula, o goberno ten que planificar as convocatorias e a aprobación dos convenios no último trimestre do ano anterior San ago de Compostela, 26 de maio de 2024. No orzamento “pactado e aprobado gracias ao PSOE” para o 2024 […]

today26 mayo, 2024

Actualidad

O PSOE compostelán asegura que «o único modelo viable sobre a xestión da auga é a concesión»

Acusa ao executivo de Sanmartín de “enredar” e “dilatar os prazos” para “convencer aos seus socios de que o único modelo viable é a concesión” "Levamos catro anos perdidos por un bloqueo, un ano sen avances co goberno do BNG e agora suma e segue con unha comisión que concluirá o mesmo” Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024. O Grupo Socialista apoiará a creación de unha comisión especial para o estudo do ciclo integral da auga que se […]

today24 mayo, 2024

Actualidad

Rosón critica a perda de financiación da Deputación para a rehabilitación da Casa da Xuventude

O acordo co ente provincial contemplaba que este aportase máis de un millón de euros para acometer unha rehabilitación integral do edificio e a apertura dunha entrada desde o Matadoiro a Belvís Critica que o goberno encargue un estudo para facer do edificio de Salgueiriños unha casa da Mocidade: “algo que nin responde ao futuro da Casa da Xuventude nin resolve a cuestión do parque de bombeiros” Santiago de Compostela, 23 de maio de 2024. Sen novidades sobre o futuro […]

today23 mayo, 2024

Actualidad

Raxoi estuda a forma máis sustentable de xestionar a auga: ¿pública ou privada?

22/05/2024 O Pleno da Corporación de maio debaterá unha proposta da Alcaldía para crear unha comisión especial para analizar a forma máis sustentable e eficiente da xestión do ciclo da auga, que estará integrada por unha representación de todos os grupos municipais e por persoal técnico municipal. Esta comisión elaborará un informe coas conclusións tendo en conta o estudo realizado en xullo de 2020; sen prexuízo de impulsar outros traballos que xulgue necesarios para o cumprimento do seu fin. O obxectivo […]

today23 mayo, 2024

Actualidad

O BNG esixe no Parlamento a urxente actuación no Centro de Saúde de Santa Comba

Denuncian o "estado extremadamente precario" e demandan unha reforma integral  e que a Xunta asuma "de inmediato" a titularidade e xestión do centro O portavoz municipal nacionalista, Juan David Sixto, insiste en que "Santa Comba merece uns servizos públicos de calidade e non pararemos até conseguilos" Santiago de Compostela, 23 de maio de 2024.- O BNG ven de instar á Xunta a que tome medidas urxentes para poñer fin ao "estado extremadamente precario" do Centro de Saúde de Santa Comba, con graves […]

today23 mayo, 2024

AD