AD

Política

1964 Resultados / Página 1 de 219

Fondo
AD

Actualidad

Verea recuperará o esplendor das Festas do Apóstolo e converterá Santiago «nun referente cultural»

O presidente do Partido Popular de Santiago e candidato á Alcaldía, Borja Verea, defendeu durante unha entrevista en Radio Líder Santiago a necesidade de iniciar "un cambio tranquilo e solvente" na cidade, ao tempo que cargou contra a xestión do actual Goberno municipal, ao que acusou de "gobernar para uns poucos" e de carecer da ambición necesaria para situar Compostela no lugar que considera que merece. A conversa comezou coa recente vitoria da selección española, un acontecemento que Verea definiu […]

today22 julio, 2026

Actualidad

Louzao anuncia un investimento histórico de 9,5 millóns para transformar o rural da Estrada

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, avanzou durante unha entrevista en Radio Líder Santiago que o Concello afronta unha das etapas de maior investimento nas parroquias do municipio, cun ambicioso paquete de actuacións que combina asfaltados, humanizacións e melloras da mobilidade. O rexedor sostivo que os próximos meses serán decisivos para cumprir o compromiso adquirido ao comezo do mandato de priorizar o rural, ao tempo que fixo balance das actuacións xa executadas e das que están en marcha. "Nestes 22 […]

today22 julio, 2026

Actualidad

O PSdeG reclama á Xunta celeridade co aparcadoiro do CHUS

O Grupo Municipal Socialista reclama á Xunta un calendario definitivo para o novo aparcadoiro do CHUS e medidas inmediatas para mellorar a mobilidade mentres non se execute a infraestrutura. A iniciativa socialista lembra que a principal responsabilidade corresponde ao Goberno galego, que leva anos acumulando atrasos, modificando prazos e incumprindo os compromisos adquiridos. Marta Abal insta tamén ao Concello a exercer con firmeza o seu papel na comisión de seguimento para defender os intereses de Santiago e lamenta a abstención […]

today22 julio, 2026

Actualidad

O PP de Santiago insta ao goberno municipal a garantir a prestación do SAF

A concelleira popular Yolanda Otero reclama a elaboración e publicación dun informe detallado sobre o cumprimento do contrato desde a súa entrada en vigor, ante os problemas salariais, a falta de substitucións e a suspensión de servizos complementarios. O Partido Popular de Santiago elevará ao Pleno municipal de mañá unha proposición de apoio ás traballadoras e traballadores do Servizo de Axuda no Fogar, afectados polo incumprimento das súas condicións salariais, e reclamará ao goberno local que exerza un control exhaustivo […]

today21 julio, 2026

Actualidad

Borja Verea: “Para un santiagués, este é o reto máis ilusionante que existe”

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, foi proclamado este sábado candidato do PP á Alcaldía de Santiago de Compostela nun acto celebrado na Cidade da Cultura, no Monte Gaiás, presidido polo presidente nacional do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, e no que tamén participou o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda. Na súa intervención, Verea deu a benvida aos candidatos e representantes do Partido Popular chegados de toda España e expresou a satisfacción dos composteláns por acoller un […]

today18 julio, 2026

Actualidad

Pedro Blanco defende situar as áreas empresariais entre as prioridades do Concello de Santiago

O candidato socialista á Alcaldía reuniuse coa Asociación Empresarial do Tambre para coñecer as súas necesidades e aposta por eliminar atrancos administrativos, mellorar os servizos e reforzar a colaboración coas empresas. Pedro Blanco defende que Santiago necesita un Concello que camiñe ao mesmo ritmo que o seu empresariado e sitúe as áreas empresariais entre as súas prioridades. Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026. O candidato do PSdeG á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, mantivo unha reunión de traballo […]

today17 julio, 2026

Actualidad

Sindo Guinarte: «As festas do Apóstolo non están á altura do que merece Santiago»

O Grupo Municipal Socialista cuestiona tamén que o videomapping se financie con fondos da taxa turística sen que estea constituído o Foro de Turismo Sustentable. O Grupo Municipal Socialista criticou este mércores a programación das Festas do Apóstolo, que considera "pouco ambiciosa" e insuficiente para responder á relevancia da principal celebración de Santiago. O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, lamentou que o Goberno municipal presente un programa que, malia definilo como continuista, "en vez de mellorar esa continuidade, empeora". Guinarte censurou […]

today16 julio, 2026

Destacado

O Plan xeral da lingua galega inclúe case 700 medidas para impulsar o seu uso en toda a sociedade

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, acompañado polo secretario xeral da Lingua, avanzou as principais liñas deste documento nun acto con preto de 800 persoas A proposta de actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega inclúe case 700 medidas para impulsar o seu uso en toda a sociedade A actualización, coordinada polo académico Manuel González, ten en conta a nova realidade social e demográfica de Galicia con iniciativas específicas para favorecer o uso da lingua entre a […]

today15 julio, 2026

Comarca

O BNG presenta a Escarlata Pampín como candidata á alcaldía de Ames

“Hoxe estou aquí para asumir un compromiso moi sinxelo de expresar, pero moi esixente de cumprir: estar á altura de Ames”, recalcou Escarlata.  A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou a Escarlata Pampín como a candidata a alcaldesa que pode facer que Ames “dea un paso adiante”. Escarlata Pampín foi escollida por unanimidade da asemblea local como candidata para as vindeiras eleccións de maio de 2027   “Xa demostramos que sabemos gobernar. Agora precisamos da forza da veciñanza para liderar […]

today15 julio, 2026

AD