AD

Política

1907 Resultados / Página 180 de 212

Fondo
AD

Actualidad

O BNG pide o recoñecemento «oficial» da selección galega de fútbol

Iago Suárez reclama o apoio da Xunta a un calendario estable para que os galegxs non teñan que esperar outros oito anos para poder ver de novo á Irmandiña O Bloque urxe tamén na Cámara a creación da selección galega feminina de fútbol Santiago de Compostela, 8 de maio, 2024.  O deputado do BNG Iago Suárez reclamou este mércores no Parlamento o apoio da Xunta ao recoñecemento oficial da selección galega de fútbol para a súa participación en competicións internacionais, ao […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

«O PP criticou o programa da Ascención antes de coñecelo, como fixo cos orzamentos»

Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela, participaba este martes nos micrófonos de Radio Líder Santiago para abordar xunto a Álvaro Veiga distintos asuntos da actualidade local. Un dos temas foi o comezo este mércores das festas da Ascensión ata o vindeiro día 12. A rexedora nacionalista asegura que as festas da cidade van ter "unha programación variada con orquestras, cabezudos, co ComposFest, con grupos santiagueses e de fóra, e tamén destacamos a música tradi das Fillas de Cassandra para […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

Santiago súmase ás reinvidicacións a prol da lingua galega cun acto propio o día 16

07/05/2024 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mantivo este martes un encontro cos representantes da plataforma Queremos Galego para tratar os temas que serán obxecto de reivindicación na manifestación do vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas que partirá da Alameda de Santiago e rematará na praza da Quintana. O Pazo de Raxoi tamén acollerá una acto o 16 de maio no que se fará lectura da Declaración Institucional apoiada por todos os grupos municipais para reivindicar e impulsar […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

Santiago promove o Consello Municipal de Mocidade «inactivo desde hai máis dunha década»

07/05/2024 A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude vén de publicar o novo regulamento de funcionamento interno do Consello Municipal de Mocidade, que actualiza a normativa vixente do ano 2001. A concelleira María Rozas explicou que o obxectivo é "adaptar este órgano non só ás novidades lexislativas senón tamén á realidade social actual, máis heteroxénea e na que existen novas canles de participación que non tiñamos hai 20 anos". Nese sentido, salientou que o Centro Xove da […]

today7 mayo, 2024

Actualidad

O Foro Cívico comparte a necesidade de controlar os fluxos turísticos en Santiago

06/05/2024 A alcaldesa Goretti Sanmartín, acompañada da tenente de alcaldesa María Rozas e do concelleiro de Urbanismo Iago Lestegás, mantiveron unha xuntanza co Foro Cívico para analizar temas cruciais para a cidade. En declaracións aos medios ao remate do encontro, que cualificou de "satisfactorio" afirmou concordar "coa liña e coa defensa que fai o Foro Cívico deles para o desenvolvemento da cidade". A rexedora informou sobre a reunión mantida na Xunta para conseguir unha solución de mobilidade e de aparcadoiro na […]

today7 mayo, 2024

Actualidad

Luz verde ao proxecto para mellorar a accesibilidade en 14 puntos de Santiago

06/05/2024 O executivo local aprobou hoxe o proxecto básico e de execución para a mellora da accesibilidade no Concello de Santiago por un importe de preto de 240.000 euros. Tamén aprobou a encomenda da execución do segundo tramo da Vía Verde á Deputación da Coruña e deu luz verde ao convenio para o finaciamento da capitalidade por 2,4 millóns de euros. Na sesión ordinaria de hoxe, a Xunta de Goberno aprobou o proxecto básico e de execución para a mellora da […]

today6 mayo, 2024

Actualidad

Raxoi aproba o Plan de Contratación con 82 licitacións por valor de 223 millóns

O concelleiro de Economía, Facenda e Contratación, Manuel César, deu conta en rolda de prensa do Plan de Contratación municipal para 2024, aprobado na sesión ordinaria da Xunta de Goberno, "un instrumento de planificación esencial para a boa xestión da administración municipal". O edil de Contratación definiu o plan como "unha folla de ruta que inclúe 82 contratos cun valor de 222.990.817 euros" e que "guiará o Goberno municipal e a propia administración para prestar servizos públicos de calidade; para […]

today6 mayo, 2024

Actualidad

O PP de Santiago denuncia «neglixencia» do BNG na xestión na contratación

A concelleira popular, Rosario Ferreiro, puxo como exemplo o retraso de máis de 9 meses nas obras de reurbanización da rúa García Lorca, por mor da non contratación, en tempo e forma, da dirección facultativa das mesmas. Ferreiro reclámalle ao BNG que se tomen en serio o seu traballo e procedan a planificar e axilizar os procedementos de contratación, co fin de que non ocorran máis situacións como esta”. A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, vén de […]

today5 mayo, 2024

Actualidad

«Se Altri cumpre con toda a normativa medioambiental, o proxecto sairá adiante»

No día mundial da liberdade de prensa, a secretaria xeral do PPdG, Paula Prado defendeu este venres nos micrófonos de Radio Líder Santiago o papel dos medios de comunicación nunha España que, asegura, "vive tempos convulsos polas pataletas de Sánchez". Explica que ter uns medios libres "é fundamental en calquera democracia, tanto se son públicos como privados" xa que "hai que deixar que os profesionais teñan o seu criterio profesional, guste máis ou menos aos políticos". Duplicar a vivenda pública, […]

today3 mayo, 2024

AD