AD

Política

399 Resultados / Página 6 de 45

Fondo
AD

Actualidad

A alcaldesa de Teo ‘contundente’ tras a negativa de Santiago a ampliar a liña 6: «O informe non ten sentido ningún»

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, criticou duramente a negativa do Concello de Santiago de Compostela a ampliar a liña 6 de autobús urbano, que actualmente chega ata o núcleo dos Tilos, ata a rotonda do Gadis de Cacheiras. Esta ampliación, proposta pola rexedora teense en agosto de 2023, pretendía conectar coa capital galega a preto de 9.000 persoas que viven nas parroquias dos Tilos e Cacheiras, facilitando os seus desprazamentos laborais e académicos. A rexedora destacou […]

today10 junio, 2024

Actualidad

Bouza sobre o 9X: “O PSOE aguantou, resistiu e venceu”

Amósase satisfeito por ter subido sete puntos respecto as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014, “as últimas que se celebraron nun contexto similar a este” “O Partido Socialista aguantou, resistiu e venceu a todos eses agoreiros da dereita e ultradereita” Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2024. Valoración positiva dos resultados obtidos polo PSdeG en Santiago nas eleccións ao Parlamento Europeo de este domingo. O seu secretario xeral, Aitor Bouza, asegura que este resultado coloca ao PSOE como a […]

today10 junio, 2024

Actualidad

El PP lidera las elecciones europeas en Santiago con un 40,83% de los votos

En Santiago de Compostela, con el 100% de los votos escrutados, el Partido Popular (PP) se ha consolidado como la fuerza más votada en las elecciones europeas celebradas este domingo 9 de junio, obteniendo el 40,83% de los votos, lo que se traduce en 17.903 sufragios. El Partido Socialista Obrero Español (PSOE) ocupa la segunda posición con el 24,52% de los votos, recibiendo un total de 10.752 apoyos en la capital gallega. La coalición Ahora Repúblicas, en la que se […]

today9 junio, 2024

Actualidad

O PP critica a actitude de Sanmartín ao tardar case un ano en responder á alcaldesa de Teo

Adrián Villa lamenta a actitude “soberbia e insolidaria” da alcaldesa nacionalista, xa que dita petición foi realizada no mes de agosto de 2023 e buscaba unha solución para conectar o máximo de usuarios e, deste xeito, desconxestionar o tráfico que vai á capital de Galicia. “A falta de colaboración institucional, por parte de Sanmartín, resulta realmente chamativa, cando é ela a primeira en queixarse doutras administracións e, agora, non só tarda un ano en contestar aos veciños de Teo, senón […]

today9 junio, 2024

Actualidad

«Os veciños non van a falar con Carlos o alcalde, van a falar con Carlos o da drogaría»

Este xoves, o alcalde do Concello de Vedra, Carlos Martínez, participou nunha entrevista en Radio Líder Santiago xunto a Álvaro Veiga, onde fixo balance do primeiro ano de goberno na súa cuarta lexislatura como primeiro edil do concello. O rexedor popular destacou que todas as lexislaturas son "estimulantes", pero non están exentas de dificultades, especialmente a da pandemia, que provocou un parón nos obxectivos do concello. Agora, enfróntanse a unha inflación evidente que incrementa o custo das obras. Martínez describiu […]

today8 junio, 2024

Actualidad

Sanmartín logra 850.000 € da Deputación para arranxar as cubertas do Vero Boquete

07/06/2024 A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, reuniuse este venres co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para abordar a colaboración entre ambas as dúas institucións e proxectos de futuro. Na reunión participaron tamén o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, a concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica, Miriam Louzao, e a concelleira de Deportes e Relacións Veciñais, Pilar Lueiro. No encontro "cordial e productivo", que se celebrou na sede da institución provincial na […]

today8 junio, 2024

Actualidad

O Concello de Santiago agarda a valoración de Teo sobre o custo do bus a Cacheiras

07/06/2024.- O informe elaborado pola empresa municipal Tussa sobre a posible extensión da actual liña 6 do transporte urbano de Santiago a Cacheiras, ata a altura da rotonda que comunica a AC-841 coa AG-58, cifra en 1,8 millóns de euros os investimentos necesarios para prestar ese servizo, unha cifra á que habería que engadir outros custos anuais como os da contratación de novo persoal. O estudo responde á solicitude feita pola alcaldesa de Teo para que o Concello de Santiago avaliara […]

today7 junio, 2024

Actualidad

Blas García insta á Xunta a dar celeridade ao expediente de contratación do novo CEIP do Milladoiro

O alcalde de Ames, Blas García, remitiulle unha carta ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e ao director da AXI, Francisco Menéndez, expresándolle a súa preocupación pola lentitude da tramitación do expediente de contratación e pedindo información ao respecto O Concello de Ames cumpriu coa súa parte do convenio de colaboración asinado no 2021 que o comprometía a ceder os terreos e soterrar a liña de media tensión na zona e, á Xunta, a licitar e obrar o centro educativo […]

today7 junio, 2024

Actualidad

O PSOE compostelán dubida en apoiar a ordenanza das VUT

Denuncia que a alcaldesa contaba con un informe previo que xa advertía da imposibilidade de incluír os usos preexistentes: “por que a alcaldesa non informou cando tivo coñecemento de ese informe?” Reclámalle celeridade a Sanmartín na declaración de Santiago como zona residencial tensionada porque “a política de vivenda non só se pode basear en anuncios e intencións” Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024. Trátase dun “texto inacabado e reiterativo”, con estas palabras saíu este xoves ao paso o […]

today6 junio, 2024

AD
0%