AD

Política

1964 Resultados / Página 8 de 219

Fondo
AD

Actualidad

Goretti Sanmartín será a candidata do BNG para revalidar a Alcaldía en 2027

Santiago de Compostela, 22 maio de 2026.- A portavoz nacional, Ana Pontón, participou no acto de presentación de Goretti Sanmartín como candidata do BNG nas próximas eleccións municipais de 2027, acto no que se mostrou convencida de que “vai recibir o apoio maioritario dos veciños e veciñas de Compostela para continuar construíndo un Santiago en grande con máis forza que nunca”. Pontón indicou que ese apoio maioritario ao proxecto que representa Sanmartín é o que necesita a cidade para seguir […]

today22 mayo, 2026

Actualidad

Bouza carga contra a “inutilidade absoluta” de Sanmartín e Rueda ante a emerxencia da vivenda

Aitor Bouza critica que o goberno da señora Sanmartín siga sen poñer en marcha a empresa municipal de vivenda comprometida nos orzamentos mentres medran os prezos e hai máis de 1.800 demandantes de vivenda pública na cidade. O secretario xeral socialista cualifica de “ridícula” a política de vivenda da Xunta de Rueda e denuncia que o PP “chega tarde” tras “dezasete anos sen facer a vivenda pública que tiña que facer”. Santiago de Compostela, 22 de maio de 2026. O […]

today22 mayo, 2026

Destacado

O alcalde de Brión abre a porta a unha candidatura fóra do PSOE

O alcalde de Brión, Pablo Lago, deixou aberta a incógnita sobre o seu futuro político ao asegurar que aínda non sabe se volverá presentarse ás próximas eleccións municipais nin baixo que siglas o faría. Nunha entrevista na que repasou a actualidade do municipio, o rexedor insistiu en que a súa prioridade segue sendo “traballar polos veciños” e non a estratexia electoral. “Non estou pensando nas eleccións. Estou pensando en sacar adiante todo o que temos enriba da mesa”, asegurou Lago, […]

today20 mayo, 2026

Actualidad

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes

A concelleira socialista Marta Abal advirte da imaxe de “abandono impropia dunha cidade Patrimonio da Humanidade” que presentan distintos espazos do Casco Histórico pola falta de limpeza e conservación. O Grupo Municipal Socialista levará ao Pleno unha iniciativa para reclamar actuacións inmediatas e lembra que o Goberno local segue sen cumprir o plan anual de mantemento aprobado hai case un ano por proposta do grupo municipal socialista. Santiago de Compostela, 19 de maio de 2026. A concelleira do Grupo Municipal […]

today19 mayo, 2026

Actualidad

O PSdeG esixe á Xunta e ao Concello que deixen de bloquear solucións para o deporte compostelán

Aitor Bouza reclama ao Goberno galego que deixe de “mirar só para os concellos onde goberna o PP” e facilite o uso das infraestruturas deportivas educativas por parte das entidades da cidade. O deputado socialista reclama un convenio urxente para que os clubs de Santiago poidan utilizar as pistas e instalacións deportivas dos IES, unha medida que considera perfectamente viable e que aliviaría a falta de espazos deportivos na cidade. O deputado socialista anuncia iniciativas no Parlamento de Galicia tras […]

today18 mayo, 2026

Destacado

Paula Prado carga contra o goberno compostelán: “Hai máis preocupación pola ideoloxía que polos cidadáns”

A secretaria xeral do PPdeG defende en Radio Líder Santiago a moción de censura lucense, avala o proxecto de Borja Verea para Compostela e acusa ao BNG de vivir “instalado no non a todo” A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, debuxou este martes en Radio Líder Santiago un escenario político no que o Partido Popular busca consolidar unha alternativa de goberno nas grandes cidades galegas. Nunha entrevista concedida ao programa conducido por Álvaro Veiga, Prado defendeu sen matices a […]

today14 mayo, 2026

Actualidad

“As festas merecen máis”: a oposición critica o cartel da Ascensión e o goberno reivindica a aposta galega

O programa Hai Debate de Radio Líder Santiago converteuse este luns nun espazo de análise sobre dous dos asuntos que marcan a actualidade compostelá: o ascenso do Monbus Obradoiro á ACB e o inicio das Festas da Ascensión. No encontro participaron Pilar Lueiro, Nerea Barcia, Marta Abal e Xan Duro, que coincidiron en cualificar de “histórico” o regreso do club compostelán á máxima categoría do baloncesto español, aínda que amosaron diferenzas á hora de valorar a programación cultural das festas […]

today13 mayo, 2026

Actualidad

Guinarte denuncia que o BNG “perverte” a taxa turística para financiar gastos que xa existían

Guinarte acusa ao executivo local de incumprir a súa propia ordenanza ao decidir o destino dos fondos sen o informe do Foro de Turismo Sustentable, e cuestiona o suposto consenso do executivo co sector turístico denunciando que as asociacións “non coñecían” o destino dos fondos recadados. O voceiro socialista critica que os ingresos da taxa turística se destinen a festivais, campañas e actuacións que xa contaban con financiamento previo en lugar de compensar os impactos do turismo na cidade. Santiago […]

today12 mayo, 2026

Actualidad

Abal denuncia que máis de 50 traballadores da Rede Sociocultural seguen sen cobrar

Marta Abal advirte de que máis de 50 traballadoras e traballadores continúan sen cobrar salarios de 2025 e 2026 e acusa ao Goberno de Sanmartín de “normalizar a precariedade” nun servizo esencial para a cidade. A concelleira socialista reclama solucións urxentes, transparencia co persoal afectado e unha aposta decidida por recuperar os Centros Socioculturais como espazos fundamentais de convivencia, participación e cohesión social nos barrios e no rural. Santiago de Compostela, 10 de maio de 2026. A concelleira do Grupo […]

today11 mayo, 2026

AD