AD

Política

1964 Resultados / Página 45 de 219

Fondo
AD

Comarca

Brión inicia os actos de conmemoración do 25N cun obradoiro de autocoidado feminino

4 de novembro de 2025.- O centro social polivalente acolleu esta mañá o obradoiro “O descanso da guerreira”, unha actividade coa que o Concello de Brión dá inicio á programación especial de actividades arredor do 25 de novembro e que inclúe obradoiros, relatorios, teatro e andainas, todas elas de balde. A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Rosa Romero, explica que “este ano o programa está centrado en dous obxectivos principais: difundir información sobre os recursos legais, psicolóxicos e económicos […]

today4 noviembre, 2025

Comarca

Ames desbrozará e limpará os núcleos rurais do municipio

O alcalde, Blas García, destaca “a importancia de volver a contar con este servizo que foi posto en marcha no ano 2021 cunha moi boa acollida entre a veciñanza amesá. O anterior contrato tivo que resolverse debido á quebra da anterior concesionaria de dito servizo. É unha clara aposta polo rural amesán, e en concreto, unha aposta seria e firme pola conservación dos nosos núcleos rurais” O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “este servizo foi […]

today4 noviembre, 2025

Comarca

Comezan as obras de construción de dúas novas sendas peonís en Sergude e Lestedo

Supoñen un investimento de máis de 435.000 euros Boqueixón, 4 de novembro de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de construción de dúas novas sendas peonís no municipio, concretamente nas parroquias de Sergude e de Lestedo, nas que inviste máis de 435.000 euros. Así, a nova sende de Sergude permitirá conectar a igrexa da parroquia e as aldeas de Lamas e Deseiro de Abaixo co cruce da N-525, mellorando así a seguridade e accesibilidade dos veciños […]

today4 noviembre, 2025

Comarca

Padrón executa dous novos parques infantís en Estramundi e na rúa Vila de Rianxo

• Con estas actuacións o Concello suma xa cinco espazos de xogo renovados durante o goberno de Anxo Arca • As novas áreas levarán os nomes de dúas pioneiras galegas da ciencia, Inmaculada Paz-Andrade e Olimpia Valencia, en recoñecemento ao seu legado profesional e humano Padrón. 4-11-2025.- O Concello de Padrón vén de iniciar as obras de construción de dous novos espazos de lecer infantil, un situado no campo da Devesa, en Estramundi, e outro na rúa Vila de Rianxo. […]

today4 noviembre, 2025

Actualidad

Arzúa impulsa o comercio e a hostalaría cunha nova edición do Día do Comercio Local

Martes, 4 de novembro de 2025. O Concello de Arzúa, a través da Concellaría de Turismo, Promoción Económica e Acción Urbana, que dirixe Begoña Balado, vén de anunciar unha nova edición do Día do Comercio Local, que se celebrará entre o 6 e o 8 de decembro. A iniciativa, que cumpre xa a súa 13ª edición, nace co obxectivo de dinamizar o comercio e a hostalaría arzuá coincidindo coa chegada da campaña de Nadal e coa feira quincenal, dous momentos […]

today4 noviembre, 2025

Actualidad

O Pino non aplicará a suba da taxa do lixo: “Se me sancionan, asumirei a responsabilidade»

Manuel Taboada anuncia que non aplicará, polo de agora, a nova tarifa imposta pola lei estatal: “Non lle podo pasar un recibo de 800 euros a un veciño polo que antes pagaba 100” Redacción, 4 de novembro de 2025.- O alcalde do Pino, Manuel Taboada, fixo un repaso á actualidade do seu concello nunha ampla entrevista radiofónica onde abordou temas centrais para o presente e futuro do municipio. Desde a vivenda ata os servizos sociais, pasando polas melloras no Camiño de […]

today4 noviembre, 2025

Comarca

Nico “Petardito” Rodríguez, do Boxing Club Padrón, proclámase campión do Open Futuros Campións

O boxeador padronés Nico “Petardito” Rodríguez acadou o título de campión do Open Futuros Campións, celebrado esta fin de semana en Marín, nun torneo que reuniu deportistas de toda Galicia e incluíu máis de 40 combates. Este novo éxito consolida o gran momento do boxeo padronés, que segue a destacar nos rings galegos baixo a dirección de Sergio Seco, adestrador do Boxing Club Padrón. Desde o Concello de Padrón transmitiron os seus parabéns a Nico e a todo o equipo, […]

today3 noviembre, 2025

Comarca

O BNG de Teo organiza unha xornada formativa arredor da menopausa

  Distintas especialistas participarán no acto que terá lugar o mércores 5 de novembro ás 19.30 na mediateca do Grilo, en Cacheiras  A médica e deputada Iria Carreira destaca a necesidade de "visualizar" desde distintas ópticas esta etapa silenciada do ciclo vital das mulleres Teo, 03 de novembro de 2025.- Poñer o foco na menopausa para visibilizar esta etapa silenciada do ciclo vital das mulleres desde distintas ópticas é o obxectivo da xornada formativa que o BNG de Teo organiza o […]

today3 noviembre, 2025

Comarca

Varias persoas resultan afectadas tras un escape de monóxido de carbono en Melide

Varias persoas resultaron afectadas esta mañá debido a un escape de monóxido de carbono rexistrado nun establecemento situado na Avenida de la Habana, no concello coruñés de Melide. O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 10:50 horas, a través do aviso do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaba de dúas persoas inconscientes no soto do local por un posible escape de gas. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia activouse un operativo no […]

today2 noviembre, 2025

AD