AD

Sociedad

1303 Resultados / Página 133 de 145

Fondo
AD

Actualidad

Os maiores de Rois que viven sós reciben cartas da cativada para acompañalos neste Nadal

O Concello colaborou co proxecto posto en marcha polo colexio CPPI dos Dices para o envío de mensaxes realizadas polo alumnado O obxectivo é axudar a combater a soidade da veciñanza maior de 70 anos que reside no municipio e que, por unha ou outra razón, pasou estas festas lonxe dos seus seres queridos A misiva ía acompañada dunha carta do alcalde Ramón Tojo Rois. 26-12-2023. As persoas maiores de Rois que viven soas sentiron neste Nadal o agarimo da […]

today26 diciembre, 2023

Actualidad

Protocolo pioneiro en Santiago para uns espazos nocturnos seguros, libres e igualitarios

      20/12/2023.- O Pleno ordinario de decembro tomará coñecemento do acordo da Xunta de Goberno que aproba o texto do Protocolo para a abordaxe das violencias sexuais e LGTBIfóbicas, para promover a creación de espazos de ocio nocturno seguros, libres e igualitarios en Santiago de Compostela. Trátase dunha iniciativa pioneira que converte Santiago de Compostela na primeira cidade en aprobar un protocolo destas características. Entre os obxectivos deste protocolo está implicar todos os axentes, servizos e recursos na corresponsabilidade […]

today20 diciembre, 2023

Actualidad

Homenaxe ao persoal xubilado do Concello de Santiago

    A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, agradeceu ao persoal municipal que se xubila este ano os seus anos de traballo ao servizo do Concello e da cidade nun acto no Salón Nobre do Pazo de Raxoi no que estivo presente a Corporación municipal case ao completo. A alcaldesa e os concelleiros e concelleiras fixeron entrega dunhas placas ao persoal xubilado que asistiu ao acto en recoñecemento á súa dedicación e esforzo. Goretti Sanmartín agradeceu aos/ás homenaxeados/as o seu […]

today19 diciembre, 2023

Actualidad

Santiago concede 110.00 euros en subvencións a 22 entidades de economía social

19/12/2023 A concellaría de Promoción Económica vén de resolver a convocatoria de axudas destinadas a apoiar as empresas de economía social, con 22 entidades beneficiarias. En total, vanse repartir 110.000 euros. As subvencións a empresas de economía social teñen o obxectivo de consolidar e manter este tipo de entidades, é dicir, cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego ou empresas de inserción. Na convocatoria deste ano introducíronse algunhas novidades, para valorar especialmente a presenza de mulleres e de persoas con discapacidade […]

today19 diciembre, 2023

Actualidad

Comezan os talleres formativos sobre os Orzamentos Participativos de Xuventude nos IES

19/12/2023.- O IES Xelmírez I acolleu esta mañá os primeiros talleres formativos sobre o proceso de Orzamentos Participativos na área de Xuventude, aos que asistiron 300 alumnos e alumnas de 4º da ESO, do ciclo de VideoDJ, e de 1º e 2º de Bacharelato. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude achegouse ao centro para animar aos rapaces e rapazas a participar, achegando primeiro as súas propostas e involucrándose despois na votación. María Rozas incidiu en que […]

today19 diciembre, 2023

Comarca

Ames resolve a convocatoria de axudas para a adquisición de libros e material escolar

Presentáronse un total de 48 solicitudes, das cales 25 foron aceptadas O importe total concedido a través desta liña de axudas ascende a 1.386.69 euros As contías das subvencións en ningún caso excederon os 120 euros por alumno Ames, 19 de decembro de 2023.- A Xunta de Goberno Local do pasado 23 de novembro aprobou a resolución da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar, destinadas ao alumnado que cursou algún nivel do segundo […]

today19 diciembre, 2023

Actualidad

A empresa BeOne que xestiona o centro deportivo A Telleira lanza a iniciativa «Quilómetros Solidarios»

O centro que acumule a maior cantidade de quilómetros ao finalizar a competición terá a oportunidade de doar 3.000 euros a unha ONG local. No caso da instalación de A Telleira sería para a campaña Zocos e Trasnos, que organiza o Concello de Ames. As datas para correr serán do 19 ao 21 de decembro, ofrecendo aos participantes un período de tres días para contribuír cos seus quilómetros A concelleira de deportes, Susana Señorís, valora moi positivamente esta campaña posta […]

today19 diciembre, 2023

Actualidad

Santiago súmase ao Día das Persoas Migrantes e anuncia actividades de concienciación

Santiago de Compostela, 18/12/2023.- O Concello de Santiago sumouse hoxe á conmemoración do Día Internacional das Persoas Migrantes, que se celebra cada 18 de decembro. Representantes da Corporación municipal e da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas gardaron un minuto de silencio diante do Pazo de Raxoi para esixir o respecto aos dereitos fundamentais e ás liberdades das persoas migrantes. Despois, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, presentou en rolda de prensa as actividades de concienciación […]

today18 diciembre, 2023

Actualidad

Isaac Ramiro Freire, de Teo, gaña o concurso de postais de Nadal do CPEIG

O debuxo deste rapaz de 11 anos será a postal institucional coa que o Colexio felicitará as festas Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023 (Vía Láctea Comunicación).- O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) fallou o duodécimo Concurso de Postais de Nadal 2023. O xurado do certame acordou, por unanimidade, elixir como postal oficial do CPEIG o debuxo de Isaac Ramiro Freire, que participou na categoría A dirixida a nenos en nenas de entre 3 […]

today18 diciembre, 2023 2

AD