AD

Sociedad

1303 Resultados / Página 29 de 145

Fondo
AD

Fala que Fala

David Amor, convidado este martes no ‘Fala que Fala’ dende o IES Luís Seoane de Pontevedra

O espazo radiofónico de Radio Líder promove o uso do galego entre a mocidade cunha emisión en directo chea de humor, música e participación estudantil. O programa Fala que Fala de Radio Líder, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, fará parada este martes 11 de novembro en Pontevedra para emitir unha edición especial desde o IES Luís Seoane. De 10:00 a 12:00 horas, o centro educativo converterase nun espazo de celebración da lingua galega, con entrevistas, música, humor e […]

today10 noviembre, 2025 2

Actualidad

O concurso de fotografía Enfoca Ames xa ten as nove imaxes gañadoras da súa quinta edición

O obxectivo deste certame, organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames e o Concello de Ames,  é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. A esta edición presentáronse un total de 51 fotografías, repartidas entre as tres categorías existentes (artística, paisaxe e patrimonio) A Xuntanza de Empresarios de Ames e o Concello de Ames organizaron a quinta edición do concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo deste certame é fomentar o achegamento da cidadanía […]

today10 noviembre, 2025

Actualidad

A USC fixa o 12 de febreiro para a primeira volta das eleccións ao Reitorado

A elección da persoa que ocupará a reitoría da USC nos vindeiros seis anos terá lugar o 12 de febreiro de 2026, en primeira volta, e o 11 de marzo, no caso de que sexa precisa unha segunda votación. Así o establece a convocatoria electoral que acaba de publicarse e na que se detalla o calendario do proceso para elixir a futura reitora ou reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Este luns 10, tamén viron a luz as convocatorias de eleccións de […]

today10 noviembre, 2025

Comarca

Anxo Arca entrégalle o premio de teatro Maruxa Villanueva á arzuá Lidia Veiga

  O alcalde resaltou a traxectoria da actriz arzuá e puxo en valor que na representación de ‘Tromso’ utilizasen a música en directo Lidia Veiga agradece a dotación económica do premio e resalta que “co uso do galego doulle autenticidade e veracidade aos personaxes que interpreto” Padrón. 8-11-2025.- O Auditorio municipal de Padrón acolleu este venres o acto de entrega do XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, que recoñeceu o traballo da actriz arzuá Lidia Veiga pola súa interpretación […]

today9 noviembre, 2025

Actualidad

Recoñecemento nacional para dúas enfermeiras do CHUS polo seu estudo dos coidados na sonocistografía

As enfermeiras Inés Rial Carrillo e María Cristina Pérez Ferro, do Servizo de Radioloxía do CHUS, acaban de ser distinguidas cun premio nacional polo estudo que dedicaron á sonocistografía pediátrica, unha técnica segura e non invasiva que require unha elevada precisión técnica… e unha profunda empatía cos máis pequenos. A enfermaría pediátrica do Servizo de Radioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago vén de sumar un recoñecemento histórico. As profesionais Inés Rial Carrillo e María Cristina Pérez Ferro recibiron o […]

today7 noviembre, 2025

Comarca

Padrón recoñece o talento e o esforzo da promesa do fútbol Catalina Pereira

O alcalde Anxo Arca, acompañado das concelleiras Chus Campos e Mariló Saco, recibiu na Casa do Concello á futbolista, veciña de Carcacía de 14 anos e campioa galega de fútbol en 2024 Padrón. 7-11-2025.- O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado das concelleiras Chus Campos e Mariló Saco, recibiu este xoves 6 de novembro na Casa do Concello a Catalina Pereira Cortizo, veciña de Carcacía de 14 anos e campioa galega de fútbol en 2024. A deportista estivo acompañada polos […]

today7 noviembre, 2025

Actualidad

Edgar Torronteras adelanta las novedades del SoloFlow Freestyle: “Va a ser una tarde de pura adrenalina”

Considerado uno de los pioneros del FMX en Europa, Torronteras regresa a Santiago el 15 de noviembre con una segunda edición reforzada del SoloFlow, cargada de emoción, nuevos retos en el aire y los mejores pilotos nacionales e internacionales Vuelve la adrenalina, la emoción y los saltos imposibles. El próximo 15 de noviembre a las 18:00h, el Multiusos Fontes do Sar de Santiago volverá a convertirse en el epicentro del motocross freestyle con la segunda edición del SoloFlow Freestyle, un […]

today7 noviembre, 2025

Actualidad

Chichalovers e Paluso únense para garantir unha cea de Nadal para todos

A iniciativa, activa ata mediados de decembro, busca recadar fondos para a tradicional Cea de Nadal do Paluso, que leva máis de tres décadas ofrecendo compañía e dignidade a persoas en situación de vulnerabilidade. O colectivo compostelán Chichalovers e a Asociación Paluso impulsan este ano a campaña solidaria #UnPratoPorPaluso, unha proposta que pretende garantir que ninguén quede sen cea de Nadal na cidade. A iniciativa, que se desenvolverá durante novembro e ata mediados de decembro, convida á cidadanía a “poñer […]

today6 noviembre, 2025

Actualidad

Más de 300 profesionales unidas por el talento: Executivas de Galicia celebra 15 años

La asociación conmemorará su 15º aniversario el próximo 12 de noviembre en el Hostal de los Reyes Católicos con un congreso centrado en liderazgo femenino, redes profesionales y el valor de las referentes La presidenta de la Asociación de Executivas de Galicia, Carmen Costas, visitó los estudios de Radio Líder para compartir la nueva etapa de una entidad que, quince años después de su creación, reúne ya a más de 300 mujeres profesionales de toda la comunidad. Directivas, emprendedoras, autónomas […]

today6 noviembre, 2025

AD