AD

Sucesos

910 Resultados / Página 20 de 102

Fondo
AD

Destacado

Unha muller faleceu en Santiago tras caerlle unha neveira enriba

Foi un familiar quen alertou a través da súa chamada ao 112 Galicia uns minutos antes das sete desta tarde. Solicitou asistencia médica urxente para súa irmá, que tiña unha perna atrapada baixo a neveira. Tamén advertiu que non respondía a estímulos, polo que, axiña os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia trasladaron a información a Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Pouco despois, confirmaron o falecemento da muller e insistiron na necesidade de contar cos axentes da Policía […]

today6 diciembre, 2025

Actualidad

Seis roubos en só unha semana acenden as alarmas en Melide

O Partido Popular de Melide exixe ao goberno local a convocatoria “urxente e inaprazable” da Xunta Local de Seguridade ante o elevado número de roubos rexistrados nos últimos días en varias vivendas do municipio. A formación lembra que leva meses advertindo da crecente sensación de inseguridade no Concello pola falta de efectivos tanto de Policía Local como de Garda Civil, unha carencia que, segundo denuncian, está derivando en situacións cada vez máis graves. O Grupo Popular reclama que se cubran […]

today5 diciembre, 2025

Actualidad

Robo en O Castiñeiriño: sustraen dos huchas destinadas a protectoras de animales

Mascotas Modernas, una empresa de servicios para mascotas —especializada en perros y gatos y ubicada en la Rúa das Condomiñas 5, en el barrio compostelano de O Castiñeiriño— sufrió ayer por la tarde un robo que ha supuesto un duro golpe para su labor solidaria con protectoras de animales. Su propietaria, Fátima Gómez, explicó en Radio Líder Santiago que el incidente tuvo lugar alrededor de las 19:00 horas. Un hombre, de unos cincuenta años, acudió al establecimiento en tres ocasiones […]

today2 diciembre, 2025

Actualidad

Dúas persoas evacuadas ao Clínico tras un aparatoso accidente con tres vehículos implicados en Santiago

Un aparatoso accidente de tráfico rexistrado esta mañá en Santiago de Compostela, ao fío das 06:50 horas, deixou dúas persoas feridas que tiveron que ser trasladadas ao Hospital Clínico. O sinistro produciuse na rotonda situada no quilómetro 337 da N-525, na parroquia do Eixo, e obrigou a un importante despregamento de emerxencias. Segundo informou o 112 Galicia, varios particulares alertaron da presenza de tres coches accidentados, un deles volcado, e dun condutor que non podía saír polos seus propios medios. […]

today1 diciembre, 2025

Comarca

Noite complicada en Ames con varios accidentes e dous impactos contra xabarís

A noite do venres resultou especialmente movida para os voluntarios de Protección Civil de Ames, que tiveron que intervir en diversos accidentes de tráfico rexistrados pola tarde. Dous deles estiveron motivados pola aparición inesperada de xabarís na calzada. Os sinistros relacionados con estes animais producíronse na zona de Pousada, onde, pese ao susto, non se deron danos persoais. Desde o servizo de emerxencias explican que nas últimas semanas se está a detectar un incremento notable de avisos pola presenza de […]

today29 noviembre, 2025

Comarca

O GES de Ribeira intervén en tres incidencias en Carreira e na Rúa Galicia

A dotación de garda do Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal de Ribeira actuou hoxe en tres incidencias tras ser requirida polo CIAE 112. A primeira delas foi un accidente de tráfico rexistrado na estrada DP-7306, en Carreira, onde os efectivos colaboraron coa Policía Local de Ribeira e coa Garda Civil de Tráfico. Minutos despois, o GES participou na evacuación dunha persoa indisposta no cuarto andar dunha vivenda da Rúa Galicia, nun operativo conxunto co 061-Urxencias Médicas e persoal […]

today27 noviembre, 2025

Destacado

Un mozo ferido tras unha liorta con coiteladas na Alameda de Santiago

  Un mozo tivo que ser trasladado na tarde do sábado ao Hospital Clínico de Santiago despois de resultar ferido con arma branca durante unha pelexa rexistrada na Alameda compostelá. Segundo indicaron fontes da Policía Nacional consultadas por Europa Press, o seu estado non reviste gravidade e a súa vida non corre perigo. Os feitos producíronse arredor das 20:30 horas, cando unha discusión entre dous mozos acabou derivando nun ataque con coitelo. De acordo coa versión policial, o detonante da […]

today23 noviembre, 2025

Comarca

Desmantelan unha organización criminal con 1.500 plantas de marihuana en naves de Oroso e O Pino

Un operativo antidroga desenvolvido de forma conxunta polas unidades da Garda Civil de Santiago e Sigüeiro permitiu desarticular unha organización criminal dedicada ao tráfico de drogas, tras a detención de seis persoas e a incautación de máis de 1.500 plantas de marihuana en dúas naves situadas nos municipios de Oroso e O Pino. A denominada operación “Smell”, dirixida polo Xulgado de Arzúa, arrincou despois de que os axentes detectasen consumos irregulares de electricidade en ambas localidades, o que os levou […]

today21 noviembre, 2025 2

Actualidad

Una mujer grave tras caer con su coche desde el orbital hasta la rotonda de la autovía A-54

⚫ Herida grave una conductora en Santiago al precipitarse con su coche desde la SC-30 a la autovía A-54 🔗 https://t.co/yvwxEUQrPT pic.twitter.com/pZFvEAE3lF — La Voz de Galicia (@lavozdegalicia) November 21, 2025 Una mujer de 47 años, vecina de Santiago, resultó ferida esta tarde tras sufrir una salida de vía en la SC-30, a la altura del kilómetro 0,300, nuevo enlace del orbital, alrededor de las 15:55 horas. El turismo cayó desde la vía superior hasta una rotonda de la A-54, […]

today21 noviembre, 2025

AD