AD

Sucesos

959 Resultados / Página 34 de 107

Fondo
AD

Actualidad

Un home ferido tras ser atropelado nun paso de peóns en Santiago

Un home duns 70 anos resultou ferido esta tarde logo de ser atropelado por un vehículo mentres cruzaba un paso de peóns na rúa de San Lázaro, en Santiago de Compostela. O suceso tivo lugar pouco antes das oito da tarde, á altura da Bodeguilla do barrio e do Museo Pedagóxico de Galicia. Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local e unha ambulancia do 061, que trasladou á vítima, consciente, ao Hospital Clínico Universitario de Santiago. Polo momento descoñécese […]

today18 septiembre, 2025 2

Destacado

Novo accidente múltiple na A-54 en O Pino deixa catro persoas feridas

A autovía A-54 volveu ser escenario dun sinistro viario esta mañá ao seu paso polo Concello do Pino. Á altura da parroquia de Cerceda, no punto quilométrico 76, producíuse unha colisión na que se viron implicados catro vehículos e que deixou como balance catro persoas feridas, aínda que afortunadamente non houbo que lamentar vítimas mortais. O suceso tivo lugar arredor das 9.00 horas, cando un particular deu aviso ao 112 Galicia alertando de que un dos coches quedara envorcado no […]

today17 septiembre, 2025

Comarca

Cinco encapuchados asaltan a nave municipal de Negreira e levan un vehículo de Protección Civil

Unha nave municipal do Concello de Negreira foi obxecto dun asalto na madrugada deste martes. Os ladróns lograron facerse co vehículo e remolque de Protección Civil e tamén con diverso material, entre o que se atopaban ferramentas, taladros, rebarbadoras e rollos de cable de cobre. Segundo as primeiras pesquisas, os autores do roubo, cinco persoas con pasamontañas, accederon ao interior a través dun butrón practicado nun dos portais e tardaron arredor de media hora en completar a acción. Foron os […]

today16 septiembre, 2025

Actualidad

Dous condutores fuxen tras dous accidentes en Santiago

A Policía Local de Santiago de Compostela recolle no seu parte varias incidencias destacadas rexistradas entre o venres e o domingo. O venres ás 16:30 horas produciuse unha colisión entre dous vehículos na glorieta da SC-20 que conecta coa AP-9. Un dos condutores implicados abandonou o lugar sen dar conta do sucedido. Un día máis tarde, o sábado ás 18:24 horas, repetíase a situación na rúa do Restollal: dous coches víronse involucrados nun choque e novamente un dos implicados marchou […]

today16 septiembre, 2025

Actualidad

Desmantelada una red de extorsión, amenazas y lesiones que operaba en Boiro

La Guardia Civil, en el marco de la Operación FOELKA, ha investigado a tres personas en las provincias de Cádiz, Sevilla y las Islas Baleares, acusadas de delitos de extorsión, lesiones, amenazas y daños. La operación, dirigida por el Equipo Territorial de Policía Judicial de Noia, ha logrado desarticular un plan premeditado que afectaba a empresarios de la zona de Boiro (A Coruña). La investigación se inició en diciembre de 2024, tras la denuncia de un vecino de Boiro. La […]

today16 septiembre, 2025

Actualidad

Mañana complicada en los accesos a Santiago por cuatro accidentes de tráfico

La jornada de este lunes arrancó con notables complicaciones en las carreteras de Santiago de Compostela. A primera hora, una colisión por alcance entre dos turismos en la autovía AG-56, a la altura de Laraño, generó retenciones que se sumaron a las ya provocadas por las obras de asfaltado en Milladoiro. El aviso lo dio la persona afectada, que informó al 112 de que su vehículo había sido golpeado por otro y que, aunque se encontraba en buen estado, permanecía […]

today15 septiembre, 2025

Actualidad

Confinan aos veciños dun inmoble en Santiago tras un incendio nocturno

Un incendio declarado na madrugada deste luns obrigou a confinar aos residentes dun edificio situado na rúa Santiago de Chile, en Compostela. As lapas, que foron controladas polos Bombeiros de Santiago sen que se rexistrasen feridos, xeraron unha importante acumulación de fume, o que fixo necesario manter aos veciños no interior das vivendas ata completar os traballos de ventilación. Por agora, descoñécense as causas do lume, que será investigado nas próximas horas polos servizos de emerxencia.

today15 septiembre, 2025

Actualidad

Dous mozos perden a vida nun sinistro na A-54 ao seu paso polo Pino

  Este domingo, 14 de setembro, a A-54 volveu ser escenario dun tráxico accidente de tráfico no termo municipal do Pino. Segundo confirmou o 112 Galicia, o sinistro rexistrouse arredor das 14:30 horas á altura da parroquia de Cerceda, cando un turismo se saíu da vía e bateu contra a varanda. Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061 —que incluso mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago—, os Bombeiros de Arzúa, a Garda Civil de Tráfico e os […]

today14 septiembre, 2025

Comarca

Catro persoas feridas en Pontecesures tras ser atropeladas por un autobús

Catro persoas tiveron que ser trasladadas ao Hospital Clínico de Santiago na mañá deste sábado despois de sufrir un atropelo en Pontecesures. O incidente produciuse arredor das 06:30 horas, nas inmediacións dunha discoteca do municipio, cando un autobús que realizaba manobras alcanzou ás vítimas, que se atopaban esperando para coller o propio vehículo. Foron varios particulares os que deron a voz de alarma ao 112 Galicia, o que mobilizou de inmediato a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de […]

today13 septiembre, 2025

AD