Falece o condutor dunha ambulancia ao envorcar o seu vehículo en Curtis
Ocorreu un cuarto de hora antes da 1:00. O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido logo de que un particular informase de que escoitara un ruido e vise unha ambulancia envorcada na finca da súa casa, nas Mingueiras, pertencente á parroquia de Fisteus. Desde o CIAE 112 Galicia avisouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Betanzos, ao GES de Curtis, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Curtis. Os […]