Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today13 septiembre, 2025
Catro persoas tiveron que ser trasladadas ao Hospital Clínico de Santiago na mañá deste sábado despois de sufrir un atropelo en Pontecesures.
O incidente produciuse arredor das 06:30 horas, nas inmediacións dunha discoteca do municipio, cando un autobús que realizaba manobras alcanzou ás vítimas, que se atopaban esperando para coller o propio vehículo.
Foron varios particulares os que deron a voz de alarma ao 112 Galicia, o que mobilizou de inmediato a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e ao GES de Padrón.
Unha vez no lugar, os equipos de emerxencias confirmaron que catro persoas presentaban diversas feridas, polo que foron evacuadas en ambulancias ata o hospital compostelán.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)