Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today11 junio, 2025
Blas García dixo “hai que concienciarse que temos que apostar pola igualdade e a integración laboral das persoas con discapacidade, porque forma parte da esencia das políticas sociais cos que traballamos dende Ames. O máis importante de traballar cos centros especiais de emprego é que favorecemos o desenvolvemento dunha política social e inclusiva. Ao mesmo tempo potenciamos a nosa economía local e de proximidade”
O presidente de CEGASAL, Mino Martínez Lago, explicou que “CEGASAL está formada por centros especiais de empregos que están creados por asociacións, polo tanto son todos de iniciativa social e sen ánimo de lucro. Os valores que temos están centrados en darlle prioridade ás persoas. CEGASAL ten preto de 30 anos de historia. Ames é un dos Concellos que poñemos de exemplo no tema da contratación reservada”
Ames, 10 de xuño de 2025.- Esta mañá o presidente de CEGASAL, Mino Martínez Lago, visitou á Casa do Concello, en Bertamiráns, para manter unha xuntanza no salón de Plenos co alcalde e cos concelleiros e concelleiras do Grupo de goberno. En dita xuntanza explicou que é CEGASAL e o traballo que realiza dita entidade. Mino Martínez puxo a Ames como exemplo a seguir por outras administracións en prol da integración laboral de persoas con diversidade funcional. A empresa Dixardin, que forma parte de CEGASAL, é a adxudicataria do servizo de mantemento de zonas verdes do concello de Ames.
O alcalde, Blas Garcia, explicou que “hai que concienciarse que temos que apostar pola igualdade e a integración laboral das persoas con discapacidade, porque forma parte da esencia das políticas sociais cos que traballamos dende Ames. O máis importante de traballar cos centros especiais de emprego é que favorecemos o desenvolvemento dunha política social e inclusiva. Ao mesmo tempo potenciamos a nosa economía local e de proximidade”.
Blas García tamén dixo “estamos traballando para publicar un novo expediente de licitación do servizo de limpeza no rural durante o segundo semestre deste ano, a través dun contrato reservado. Ademais, estamos estudando a opción de licitar tamén o servizo de recollida dos vehículos abandonados na rúa a través doutro contrato reservado. Na actualidade o servizo de retirada de vehículos abandonados está xestionado por Trameve, que forma parte de CEGASAL”.
O presidente de CEGASAL, Mino Martínez Lago, explicou “somos unha organización que aglutina a 32 centros especiais de emprego. Dentro de CEGASAL hai dous grupos que podemos dicir que son os máis importantes de empresas, como son o grupo empresarial de COGAMI e os centros especiais de emprego de ILUNION de Galicia. Estamos en 14 sectores distintos como son a alimentación, xestión de residuos, limpeza, imprenta, cultivo, etc”.
Ademais, Mino Martinez engadiu que “CEGASAL está formada por centros especiais de empregos que están creados por asociacións, polo tanto son todos de iniciativa social e sen ánimo de lucro. Os valores que temos están centrados en darlle prioridade ás persoas. CEGASAL ten preto de 30 anos de historia. Ames é un dos Concellos que poñemos de exemplo no tema da contratación reservada”.
Contrato de mantemento de zonas verdes do concello de Ames
Cómpre lembrar que en 2023 a Xunta de Goberno Local adxudicou o contrato de mantemento de zonas verdes do concello de Ames á empresa Dixardin, por un importe de 1.531.860 euros (IVE incluído). Este contrato está dirixido a centro especiais de emprego de iniciativa social e ten unha duración de catro anos. A prestación do servizo iniciouse o pasado 1 de setembro de 2023.
Entre as zonas de actuación destacan a área fluvial de Tapia, a contorna das piscinas e da Casa da Cultura do Milladoiro, a área de estacionamento de autocaravanas, a praza de Manuel Murguía, a da Madalena, a de Correos, o parque empresarial do Milladoiro ou o campo fútbol. En Bertamiráns entre os elementos a conservar están a contorna da piscina da Telleira, o parque do Ameneiral, a praza de Chavián, a Casa da Cultura, a praza do Concello ou o Pazo da Peregrina.
Que é CEGASAL?
CEGASAL é unha organización empresarial sen ánimo de lucro de carácter multisectorial que se constitúe en 1997 como entidade de referencia, defensa, promoción e representación das iniciativas empresariais sen ánimo de lucro de economía social, como son os centros especiais de emprego, cuxo obxectivo é fomentar o emprego de calidade das persoas con discapacidade e persoas en situación de risco de exclusión social e a súa inclusión na actividade económica, social e empresarial de Galicia.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)